Os centros de interpretación do Camiño de Santiago atenderon a máis de 22.500 persoas no primeiro semestre deste ano

En la imagen peregrinos en el Camino de Santiago, abandonando la provincia de Lugo.

Mais de 22.000 persoas pasaron polos centros de interpretación do Camiño de Santiago no primeiro semestre deste ano, segundo a Xunta de Galicia. Galicia conta con catro infraestruturas deste tipo en tres itinerarios distintos, amais de na súa meta: o centro do Cebreiro, no Camiño Francés; o de Mondoñedo, no Camiño do Norte, e o centro de Lugo, no Camiño Primitivo. Esta oferta divulgativa se completa co asesoramento ofrecido no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino como parte dos seus diversos servizos.

O centro de interpretación do Camiño de Santiago no Cebreiro, no emblemático punto de entrada do Camiño Francés na Comunidade, rexistrou máis de 3.700 usuarios de xaneiro a xuño. No caso de Mondoñedo, foron máis de 2.800, mentres que en Lugo chegaron a 3.400. Máis destacado é aínda o volume de persoas atendidas na capital galega: máis de 12.500.

Este tipo de centros de interpretación, xestionados desde Turismo de Galicia a través do Xacobeo, outorgan un valor engadido á experiencia da peregrinación, xa que brindan aos camiñantes apoio, información e contidos complementarios que lles axudan a comprender e coñecer máis o Camiño de Santiago, en xeral, e a ruta que están a percorrer en particular.

A especialización e calidade na atención ao peregrino é precisamente unha das liñas de traballo do Plan director do Camiño de Santiago, ao igual que o fomento da investigación e da divulgación arredor da cultura xacobea, algo ao que contribúen estes catro centros, que se atopan nas tres rutas declaradas Patrimonio Mundial pola Unesco na Comunidade.

Tanto estes itinerarios como todos os restantes están a experimentar melloras ao abeiro do Plan director. Coa vista posta no Xacobeo 2021, xa se desenvolveron numerosas iniciativas en eidos como a sinalización, a potenciación dos valores patrimoniais, a execución de novas infraestruturas e a mellora das existentes e o impulso da accesibilidade, entre outras.

Apertura de igrexas
Nesta liña, e grazas á colaboración entre Turismo de Galicia coas autoridades eclesiásticas, este verán é posible visitar numerosos templos de diferentes rutas xacobeas, permitindo que os viaxeiros se acheguen ao rico e variado patrimonio cultural existente no Camiño Francés, no Camiño Primitivo, na Vía da Prata, no Camiño Portugués ou no Camiño Inglés.

No caso da Diocese de Lugo, abrangue as igrexas de Santa María de O Cebreiro, Santiago de Triacastela, o punto de información do Mosteiro de Samos, O Salvador de Sarria, San Nicolás de Portomarín, O Salvador de Vilar de Donas, San Tirso de Palas de Rei, San Xoán de Furelos, San Pedro de Melide, Santiago de Boente, Santa María de Fonsagrada, Santa María de Vilabade, a Catedral de Lugo, incluída na declaración de Patrimonio Mundial dos Camiños do Norte, Santiago de Taboada, en Silleda, e Santa María de Dozón.

Pola súa banda, na Arquidiocese de Santiago de Compostela inclúense os templos de A Peregrina en Pontevedra, a Capela de San Marcos no Parque Monte do Gozo, a Capela Xeral de Ánimas, San Bieito, Santa María do Camiño, San Andrés de Barciela, o Mosteiro das Beneditinas, a Colexiata de Iria Flavia, a Capela da Madalena, Capela de Francos, Santo Domingo de Betanzos, Santa María de Betanzos e Santiago de Betanzos.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada