As bandas de música do Festival de Salvaterra decantáronse por pezas recentes e de compositores mozos

O director Iago Lariño (e), a tenente de alcalde de Salvaterra, Marta Valcárcel, o director da Banda de Caldas de Reis, Diego Fortes, e Daniel Gregores, director da Banda de Salvaterra. , durante a entrega de pracas recordo da actuación das súas agrupacións en Salvaterra de Miño.

As bandas de música do Festival de Bandas de Salvaterra de Miño optaron onte por varias pezas de recente creación e de compositores moi novos. Foi o caso da Banda de Música de Caldas de Reis, dirixida por Diego Fortes que abriu o concerto cun paso dobre do xoven Manuel Morales Martínez, titulado ‘Música y Vino’.

No caso de Iago Lariño, director da Banda de Música UVCD de Candeán, foi un pasodobre composto este ano do vinteaneiro Lois Pimentel, ‘Escrachando’. Ou tamén ‘Estrasantico’ de Simón Couceiro, un estradense que toca na Banda Municipal de Santiago.

A banda de Música de Salvaterra co seu director Daniel Gregores abriu tamén co mozo compositor Antón Alcalde do que interpretou ‘Enrique López’.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada