Un total de 28 adegas ofertarán máis de medio cento de marcas de viños na Festa de Salvaterra

A xornalista galega Pilar Cernuda vai ser a pregoeira o domingo

Pilar Cernuda lerá o pregón desta edición da Festa do Viño do Condado.

A LIX Festa do Viño do Condado do Tea conta coa participación de 28 adegas que se achegarán a Salvaterra e a todos aqueles que decidan visitala, no último fin de semana de agosto, con máis de medio centenar de marcas de viños.

As actividades comezan este luns, martes e mércores cos cursos/catas comentadas, onde o eixo central será o propio viño, o luns 20 coa cata comentada de viños brancos da DO Rías Baixas, o martes 21 coa cata comentada de viños brancos das diferentes DO galegas e o mércores 22 coa cata comentada de viños brancos e tintos da subzona do Condado do Tea.

O venres 24 terá lugar a inauguración oficial da festa, e a partir dese momento todos aqueles que o desexen poden desfrutar destes caldos nun enclave privilexiado como é o Recinto Amurallado de Salvaterra e sobre todo das súas noites gastronómicas, onde se mestura cultura, historia,música, gastronomía e lecer, algo que fai que esta festa, a Festa do Viño do Condado do Tea sexa única.

A pregoeira da Festa do Viño vai ser este ano a xornalista Pilar Cernuda que lerá o pregón o vindeiro domingo 26 no castelo.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada