A Consellería do Mar destina preto de 82.000 euros a fomentar a especialización acuícola a través de catro bolsas de formación

Un salmón salta en una jaula sumergida en frente del sistema de alimentación de una piscifactoría en Indre Oppedal, Noruega,

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de catro bolsas de formación dirixidas a titulados de ciclos formativos en materia de acuicultura. Para a financiación destas estadías, a Consellería do Mar destina preto de 82.000 euros para as anualidades 2018, 2019 e 2020, co fin de fomentar a investigación e especialización en materia acuícola.

Estas bolsas de especialización post-formativa son para a realización de prácticas de xestión e produción de cría de bivalvos durante 2 anos no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) da Illa de Arousa. A Consellería do Mar aposta pola especialización do alumnado e por facilitar o seu acceso ao mundo laboral, de aí o seu interese en convocar estas bolsas.

As estadías serán en réxime de empresa tutelada, é dicir, os titulados realizarán as prácticas laborais nun ámbito de empresa ficticia, no que se reproducen os medios e procesos de produción e xestión reais, pero na que a titularidade é da Administración responsable do proceso de formación.

Poderán optar a estas bolsas todos os alumnos titulados como técnicos/as medios en Operacións de Cultivo Acuícola, técnicos/as medios en Cultivos Acuícolas, técnicos/as superiores en Produción Acuícola e técnicos/as superiores en Acuicultura sempre que non fosen beneficiarios de axudas similares para o mesmo fin. O importe de cada bolsa inclúe unha asignación mensual bruta de 800 euros e a alta no réxime xeral da Seguridade Social. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada