O Concello de Salvaterra organiza as catas para que ningún veciño ou visitante descoñeza os nosos viños

Juan y Eidar, asistentes ayer a la cata de comentada de Viños Brancos da DO Rías Baixas.

“As catas son para dar a coñecer os nosos viños e as súas virtudes”, afirma Marta Valcárcel primeira tenente de alcalde e concelleira de Cultura. Para o Concello de Salvaterra, organizador destas tres catas, é importante que ningún veciño descoñeza os nosos viños así como outras persoas da provincia que asisten ás catas.

Pola súa parte, Antonio Alén, profesor das catas e Gran Mestre da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos, o froito destas catas é que, aínda que sexa pouco o aprendido, logo os alumnos pódeno aplicar no seu día a día“. Para Alén o que “dignifica” estas catas é o interese por elas. Aberto o prazo de inscrición nuns días esgótanse as prazas.

Outro atractivo é poder catar todos os viños da subzona do Condado do Tea e dunha forma explicada. Sería imposible doutro xeito.

Os viños DO Rías Baixas probados da anada do 2017 nesta cata son “dunha media alta”, asegura Alén.

Tampouco lle importa que algún sexa malo para que os seus alumnos poidan contrastar cos bos.

Esta tarde segue coa cata de viños brancos de todas as DO galegas. E o mércores, con viños Rías Baixas, pero só da subzona do Condado do Tea.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada