Terá lugar o vindeiro 22 de setembro

O Festival de Gaitas de Ponteareas volverá deixar os mellores sons tradicionais

O 51º Concurso de Gaitas do País ten xa publicadas as súas bases

Unha edición pasada do Festival.

Xa están publicadas as bases do Concurso de Gaitas do País de Ponteareas 2018. Ata o día 10 de setembro todos os grupos de gaitas que toquen con instrumentos tradicionais galegos poderán presentar as solicutdes no rexistro de entrada do concello de Ponteareas ata as 13 horas.

As bases poden consultarse na ligazón da web do concello de Ponteareas

A LI (51) edición do Concurso de Gaitas do País promove e difunde a música tradicional galega sendo o referente máis antigo de maior recoñecemento de toda Galiza.

O número máximo de participantes será de vinte e realizarán unha ruada polo centro urbano antes de comezar o concurso.

O xurado do LI Concurso de Gaitas do País estará composto por recoñecidos gaiteiros e personalidades do mundo da gaita e da música tradicional de Galiza que acordarán catro premios dotados de:

1o PREMIO ……. 1.800,00 euros

2o PREMIO ……. 1.200,00 euros

3o PREMIO ……….900,00 euros

4o PREMIO ……… 600,00 euros

O primeiro premio tamén obterá unha gaita de Gaitas Gil e un tamboril de Sarín Percusión.

Hortensia Bautista, concelleira de Cultura e Turismo, anuncia que o festival terá lugar o vindeiro 22 de setembro e agarda que tras o éxito do ano pasado o público volva desfrutar dunha cita cos mellores sons da gaita tradicional.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada