A festa do Viño de Salvaterra comezou coa inauguración e a súa primeira Noite Gastronómica

A primeira hora da tarde-noite deste venres o interior do castelo de Salvaterra xa esta a desfrutar da primeira das noites gastronómicas.

Esta tarde o alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, e os tenentes de alcalde Marta Valcárcel e Andrés Cunha xunto co gran mestre da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos, Antonio Alén, así como adegueiros como Antonio Ruiloba Molins de La Val, Antonio Méndez (Señorío de Rubiós), Lázaro Gándara (Eidosela), Genaro (Genaro’s), Carlos Carrión (Paco y Lola), Benjamín Míguez Noval (María Bargiela), Félix y Enrique (Adegas Tortoreos) entre outros, así como persoas do mundo do viño.

A comitiva oficial visitou as exposicións das distintas adegas na Covas de Dona Urraca. Despois o alcalde e invitados acudiron a Casa do Viño onde o Concello ofreceulles unha degustación de viños da subzona do Condado do Tea así como de productos gastronómicos da terra.

No exterior, un animado ambiente nas mesas o aire libre así como música en vivo para a primeira das tres noites gastronómicas. Familias, parellas, amigos coa súa botella de viño e degustando productos da terra cunha agradable temperatura. Mañá sábado e o domingo repetirase a noite gastronómica.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1