Feira Exposición Internacional o 15 e 16 de setembro

A Canuda volve ser o punto de encontro dos amantes das Orquídeas

Montse de Vigo mostra as Orquídeas que adquIriu na Feria do ano pasado. ARCHIVO.

Salvaterra de Miño prepárase para a súa 3ª Feira Exposición Internacional de Orquídeas. A fin de semana do 15 e 16 de setembro de 11.00 ás 20.00 horas o sábado e ás 19.00 horas o domingo, estará aberta no parque xardín da Canuda.

Os viveiros Horta da Roseira, Viveiros Costa, Wingraden, Mestre Jardinero e Flor del Trópico ofrecerán á venda as súas Orquídeas. Tamén haberá un posto de venda de licores e outros produtos feitos de orquídeas de Encosturas, e a artesá Ana Guimarães ofrecerá os seus xabóns e outros produtos artesáns.

Ademais, haberá dous talleres sobre o cultivo da Cattleya (sábado, ás 17.00 horas) e a Phalaenopsis (domingo, ás 16.30 horas).

Tanto o sábado como o domingo, entre todos los visitantes de cada día sortéanse 25 orquídeas. Ó chegar a cada persoa dáselle un número para o sorteo.

Ambas xornadas estarán amenizadas por grupos de música como a Banda de Gaitas Pontenova e Like a Version.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1