Ibuprofeno Teatro presenta ‘O Furancho’ na Sala Ártika de Vigo

O Furancho é unha comedia protagonizada por Isabel Risco e Marián Bañobre.

Ibuprofeno Teatro leva á Sala Ártika de Vigo a comedia ‘O Furancho’, que ten como protagonistas ás clowns Isabel Risco e Marián Bañobre. A proposta, con texto e dirección de Santiago Cortegoso, chega á sala olívica o venres 7 ás 21.30 h. Haberá función tamén o sábado 8 e o domingo 9 (20.00 h).

O Furancho é unha comedia na que a través da metáfora gastronómica se presentan cuestións que afectan á sociedade contemporánea como a pobreza cultural ou as escollas que facemos e como estas nos definen.

O espectáculo que se estreou o 27 de febreiro de 2015 no Auditorio Municipal de Cangas percorreu gran parte da xeografía galega. Recibiu o Premio María Casares ao Mellor Vestiario e o Premio FETEGA (Festival do Carballiño) ao Mellor Espectáculo e Mellor Actriz (Isabel Risco).

As entradas para as funcións na Sala Ártika de Vigo están á venda na web de ticketea. Poderán adquirirse tamén no despacho de billetes da sala media hora antes de cada función.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1