Programadas para setembro, outubro e novembro

O Plan de Formación de Turismo presentado oriéntase a mellorar as habilidades profesionais a través de varias accións

Celebraranse seminarios, xornadas e obradoiros sobre internacionacionalización, habilidades de comunicación ou ao redor de asuntos de carácter legal, entre outros.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe no acto de presentación da cuarta edición do Plan de Formación do Clúster Turismo de Galicia, unha iniciativa apoiada pola Xunta de Galicia e que incluirá unha ampla oferta de cursos de balde para o sector turístico ata final de ano.

Durante o acto, Nava Castro destacou o compromiso do Goberno autonómico por garantir un sector profesionalizado que responda ás necesidades do mercado. “Deste xeito continuaremos conseguindo que Galicia siga a ser un destino cada vez máis aprezado e tamén cada vez máis competitivo”, explicou.

A responsable de Turismo da Xunta referiuse, ademais, ao obxectivo compartido entre Administración e sector por impulsar a excelencia nos servizos turísticos da man dunha formación cada vez máis adaptada e personalizada. Un obxectivo que é tamén un compromiso que a Xunta plasma na Estratexia do turismo de Galicia 2020, a folla de ruta para o turismo galego que dedica unha das súas 11 liñas de traballo especificamente á profesionalización e que xa está a dar os seu froitos.

O Plan de Formación presentado hoxe oriéntase a mellorar as habilidades profesionais a través de varias accións programadas para os meses de setembro, outubro e novembro. O programa inclúe seminarios, obradoiros e actividades gratuítas nas catro provincias, centradas especialmente en mellorar as capacidades de directivos, emprendedores e profesionais do sector turístico galego.

INSCRIPCIÓN ABERTA

A edición deste ano afonda en ámbitos como a sustentabilidade, internacionalización, habilidades de comunicación e xestión de conflitos, así como a contorna legal ao redor do sector turístico. Tamén se incluirá formación sobre o impacto do novo regulamento de Protección de Datos de Carácter Persoal.

O calendario completo de obradoiros, xornadas e seminarios xa pode consultarse na páxina web habilitada (www.clusterturismogalicia.com/formacion-2018), desde onde os interesados poderán acceder a cada un dos cursos e realizar a inscrición. O prazo está aberto.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada