Aprender idiomas en Galicia, un atractivo turístico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participa na apertura do XXIX Congreso Internacional ASELE.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe en Santiago de Compostela na apertura do XXIX Congreso Internacional da Asociación para a Ensinanza de Español como Lingua Estranxeira (ASELE) que reúne ata o sábado a máis de trescentos especialistas de todo o mundo. Durante a súa intervención, Nava Castro puxo en valor a crecente capacidade da Comunidade galega para atraer os viaxeiros interesados no turismo idiomático, un segmento especialmente estratéxico para destinos como o galego.

Así o reflicte a a Estratexia do turismo de Galicia 2020, que inclúe o turismo idiomático como segmento emerxente no que traballar nos vindeiros anos ao reunir gran parte dos elementos que axudan a construír un destino responsable e de calidade como o galego. Como explicou Nava Castro, este turismo move visitantes que acoden ao destino a aprender, pero tamén a gozar da cultura, da enogastronomía, da natureza ou do patrimonio e tenden, ademais, a realizar unha longa estadía permitíndolles coñecer máis días o destino ao completo. O congreso, organizado por Cursos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela e a asociación que engloba ao colectivo de docentes, vense celebrando con éxito desde finais da década dos oitenta.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada