O 23 outubro

A Asociación Empresarias Galicia prepara o seu III Congreso baixo o título ‘Acción e implicación. Empresarias Galicia’ en Vigo

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella reunirase coas representantes da Asociación de Empresarias de Galicia Susana Perez (i) e Mar Ferrero, no despacho da secretaria xeral.

A secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella mantivo esta mañá unha reunión coa presidenta e a vicepresidenta da Asociación Empresarias Galicia, Susana Perez e Mar Ferrero,durante a cal as representantes da Asociación xuntanza a Asociación Empresarias Galicia presentáronlle á secretaria Xeral o III Congreso ‘Acción e implicación. Empresarias Galicia’ que se celebrará en Vigo o 23 Outubro.

Segundo explicaron á titular de Igualdade, ese congreso é un proxecto pioneiro celebrado en Galicia adicado á muller, celébrase por terceiro ano co obxectivo de visibilizar e promocionar a figura da muller no ámbito profesional e social. Pretende ser un evento aberto a toda a masa empresarial da comunidade galega. E queren dar a coñecer a súa visión e sensibilización con respecto a temas relacionados co xénero.

O congreso dividirase en seccións e levarán a cabo relatorios, unha comida- networking e varios talleres. Ademais, haberá espazo para a exposición das casetas das empresas e institucións, nos que ofrecerán os seus produtos e servizos.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada