En Santiago de Compostela e Vigo o xoves 27 de setembro e o sábado 29 de setembro, respectivamente

A ópera ‘O holandés errante’ de Wagner preséntase en Santiago y Vigo coproducida pola RFA e Amigos da Ópera

Real Filarmonía.

A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago e a Asociación de Amigos da Ópera de Vigo, en coprodución coa Real Filharmonía de Galicia, estrearán a ópera O holandés errante de Richard Wagner nas cidades de Santiago de Compostela e Vigo o xoves 27 de setembro e o sábado 29 de setembro, respectivamente. Será a primeira vez que dende Galicia se aborde a famosa composición de Wagner en versión de concerto que reunirá en escena a máis de 120 intérpretes, entre o elenco de voces, os membros do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia e os músicos da Real Filharmonía.

O barítono Alexandre Krasnov será o encargado de interpretar o Holandés, mentres que o baixo Richard Wiegold porá a voz a Daland, a soprano Maribel Ortega encarnará a Senta e o tenor Eduard Martynyuk fará o propio coa personaxe de Erik. Pola súa banda, a mezzosoprano María L. Corbacho será a encargada de representar a Mary e o tenor Moisés Marín cantará no rol do Timonel. A dirección musical recaerá en Paul Daniel, responsable artístico da Real Filharmonía de Galicia, mentres que o Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia estará dirixido por Joan Company.

Esta coprodución operística significará un dos achegamentos máis ambicioso e relevants realizado en Galicia e desde Galicia á obra de Richard Wagner, autor que en contadas ocasións puidemos escoitar nos escenarios e cuxa referencia máis salientable e próxima é o Tristán e Isolda estreado na Coruña en 2013.

A dirección artística  recaerá en Paul Daniel. O barítono Alexandre Krasnov, o baixo Richard Wiegold, a soprano Maribel Ortega, o tenor Eduard Martynyuk, a mezzosoprano María L. Corbacho e o tenor Moisés Marín unirán as súas voces ás do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia na interpretación da obra de Wagner

Esta versión d’O holandés errante, obra referencial do compositor xermano, estrearase no Auditorio de Galicia o próximo xoves 27 de setembro ás 20.30 horas. As entradas están á venda a 18 euros e pódense adquirir na billeteira do Teatro Principal en horario de 18.00 horas a 21.00 horas de martes a sábado e no despacho de billetes do Auditorio de Galicia o día do concerto. Para a actuación en Vigo do sábado 29, as entradas están á venda na plataforma dixital de Abanca.

ARGUMENTO

O holandés errante foi composta por Richard Wagner e estreada o 2 de xaneiro de 1843 en Dresde no Königlich Sächsisches Hoftheater. O autor xermano, para compoñer esta ópera romántica en tres actos centrada nunha lenda tradicional, inspirouse nas Memorias do señor de Schnabelewopsk, do poeta Henrich Heine. A obra trata sobre o capitán dun barco holandés sobre o que pesa a maldición de vagar incesantemente polos mares, tendo só unha tregua dun día cada sete anos. Se nese día consegue o amor dunha muller, será redimido do seu castigo.

O Auditorio de Galicia acollerá o xoves 27 a peza en versión de ópera en concerto da man da Real Filharmonía de Galicia e o Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia. O sábado 29, o segundo concerto terá lugar no Teatro Afundación de Vigo

A ópera empeza cunha gran tormenta, e o noruegués Daland está co seu barco á deriva, coa tripulación esgotada e medorenta polo estado do mar. Neento achégase a eles un barco pantasma: o barco do holandés errante. Daland aborda o barco e ve as riquezas que o holandés ten nel. O capitán pídelle hospitalidade, e cando oe falar de Senta, a filla de Daland, pídelle a súa man, que este lle concede por cobiza.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada