A Xunta destina máis de 3,4 millóns de euros a accións de protección e recuperación da biodiversidade mariña

Vista parcial del archipiélago de Cies del Parque Nacional Marítimo Terrestre de Islas Atlánticas.

A Consellería do Mar destina máis de 3,4 millóns de euros a accións de protección e recuperación da biodiversidade mariña e que fomenten a sensibilización ambiental. Así o reflicte a convocatoria de 2018 destas achegas publicada esta semana no Diario Oficial de Galicia e que se distribuirán nas anualidades 2018 e 2019.

Destas axudas, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, poderán beneficiarse as confrarías de pescadores, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar e as asociacións de profesionais do sector que elaboren e desenvolvan proxectos colectivos que inclúan accións realizadas polos socios da entidade como a elaboración e seguimento dos plans de co-xestión de recursos mariños vivos e a optimización e seguimento dunha correcta xestión dos recursos biolóxicos mariños, atendendo á Directiva Marco sobre a Estratexia Mariña.

Tamén se subvencionan accións que contribúen á vixilancia epidemiolóxica, como o envío de mostras ao Intecmar para coñecer o estado sanitario das augas e especies marisqueiras, e operacións de salvagarda do medio mariño e das súas especies. Dentro das operacións de salvagarda, o persoal de vixilancia actuará baixo a supervisión do Servizo de Gardacostas e en colaboración con este.

A formación dos pescadores/as, orientada a adquirir novas competencias para unha mellor xestión e conservación dos recursos mariños vivos e dos ecosistemas en que viven é outra acción obxecto de axuda. A maiores, tamén se subvencionarán accións de aumento da sensibilización ambiental coa participación directa dos pescadores/as, podendo incluír campañas de divulgación.

Os interesados en cursar as solicitudes poderán consultar os requisitos e a documentación necesaria na orde que publicou esta semana o DOG. O prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria de 2018 será de un mes contado desde o día seguinte á súa publicación no DOG. Esta realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada