Burunganda, obra cargada de intriga, ironía e humor

Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa coas representacións incluídas na súa Tempada de Teatro de Vigo. A seguinte obra en saír a escena será Burunganda, escrita por Jordi Galcerán, dirixida por Gabriel Olivares e cun elenco conformado por Eloy Arenas, César Camino, Bart Santana, Ariana Bruguera e Rebeka Brik. Será o vindeiro domingo 7 de outubro, a partir das 20.00 h, no Teatro Afundación de Vigo.

Burunganda, escrita por Jordi Galcerán, dirixida por Gabriel Olivares e cun elenco conformado por Eloy Arenas, César Camino, Bart Santana, Ariana Bruguera e Rebeka Brik.As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com para todas aquelas persoas que non adquirisen un abono de tempada, que supón un aforro do 20 % con respecto ao importe das entradas soltas.

BURUNGANDA

Despois de oito tempadas en cartel en Madrid, chega a Vigo esta obra cargada de intriga, ironía e humor. Berta, unha estudante, está embarazada de Manel, o seu noivo, pero aínda non se atreveu a dicirllo. E é que non sabe que facer. Por non saber, non sabe nin se o seu noivo realmente a quere. Silvia, a súa compañeira de piso, ofrécelle a solución: burundanga, a droga da verdade, unha substancia que fai perder a vontade a quen a toma e provoca a sinceridade máis auténtica. Se lla administra a Manel poderá saber a verdade sobre todo aquilo que desexe. E Berta faio, dálle a droga ao seu noivo e descobre non só o que pretendía pescudar, senón outra verdade moito máis inesperada que desencadea un enredo de consecuencias imprevisibles.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada