O Sergas mantén abertas as liñas diálogo con Povisa para garantir o cumprimento do concerto asinado por ambas partes en 2014

María Luisa Brandt Sanz, gerente de Povisa.

Representantes do Sergas e de Povisa reuníronse hoxe novamente co obxecto de continuar avanzando na procura de solucións que permitan garantir o cumprimento do concerto asinado por ambas partes en 2014 para a prestación asistencial no área de Vigo.

Nesta reunión, o Sergas demandoulle ao centro hospitalario unha ampliación de documentación sobre a situación financeira na que basean a convocatoria do preconcurso, e instounos a garantir o pago das nóminas ao persoal do centro. Neste sentido, cómpre lembrar que a Administración sanitaria desde que se asinou o concerto ven cumprindo, e así o seguirá facendo puntualmente, coas liquidacións mensuais que prevé o concerto para unha poboación máxima de 139.000 habitantes.

O concerto prevé un pago capitativo de 540 € por habitante a percibir por Povisa, de acordo coas prestacións que inclúe a súa carteira sanitaria para os pacientes que optan por recibir atención nese centro sanitario.

Por outra banda, acordouse a constitución dun comité de traballo para a implantación dun aplicativo informático de produtos farmacéuticos, do mesmo xeito que xa se vén aplicando nas Eoxi galegas.

Ata o de agora, as diferencias sobre a derivación de pacientes fora do concerto que reclamaba o centro hospitalario foi resolta favorablemente para o Sergas nas instancias xudiciais.

O Sergas lembra que mantén abertas tódalas liñas de diálogo na procura de solucións para garantir a tranquilidade dos cidadáns e a calidade e seguridade asistencial no área de Vigo. En ningún caso, as circunstancias financeiras de Povisa poden ser atribuídas ao concerto actualmente en vigor.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada