No marco da Eurocidade

Salvaterra e Monção formalizan a axuda mutua e manifestan a intención de ampliar esta ao 112

O alcalde de Monção, António Barbosa e o de Salvaterra, Arturo Grandal, xunto co representante dos Bombeiros monçanenses.

Axuda mutua existe na realidade entre ambos concellos, a través dos Bombeiros de Monçaoun acordo de intencións que se asinou busca formalizar e dar un contexto de seguridade xurídica a esta relación. Segundo fontes do Concello salvaterrense, “buscarase dar un paso máis ao longo dos próximos meses creando un marco onde este convenio se poida trasladar ao propio Centro do 112 á hora de activar o protocolo de emerxencias”.

Neste acordo asinado, no salón de plenos da casa do Concello de Salvaterra, este xoves 27 -dentro da I Semana da Eurocidade-, recoñecese a axuda prestada ata agora e que “a través da Eurocidade ten que ter un papel máis activo na regulación da asistencia mutua a desenvolver en situación de emerxencias e definir as directrices para outras formas de cooperación, comprometéndose a actuar de maneira articulada en incendios urbanos e industriais e operacións de busca e salvamento no Concello de Salvaterra de Miño, adoptando políticas que posibiliten, faciliten e soporten a actuación dos Bombeiros Voluntarios de Monçao no noso municipio”.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada