A Xunta aproba o proxecto integrado da I fase da intermodal de Vigo

10,00 h.- O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presidirá a reunión do Consello da Xunta. Na sala de Consello.
foto xoán crespo
04/10/2018

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou esta mañá a aprobación da 1ª fase da intermodal de Vigo como proxecto público de urxencia ou excepcional interese.

Un importante paso adiante que permitirá licitar as obras da estación de autobuses, desenvolver os accesos e iniciar a execución do centro Vialia. Deste xeito, a Xunta segue traballando para facer realidade a intermodal con todas as garantías xurídicas e sen necesidade de esperar a aprobación dun novo PXOM.

Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo explicou que as obras da nova estación de autobuses, que estará integrada na terminal de ferrocarril da cidade olívica, se iniciarán este mesmo ano cun orzamento aproximado de 12,3 millóns de euros.

En canto aos accesos á estación intermodal, o titular do Goberno galego sinalou que o acordo habilitado hoxe tamén inclúe unha achega autonómica de 1,7 millóns de euros.

Con fin de axilizar todas as obrigas asumidas para facer realidade a intermodal, aseverou, o pasado mes de xullo publicouse no Diario Oficial da Unión Europea o anuncio previo de licitación das obras da terminal de autobuses. Este trámite permite reducir o prazo de presentación de ofertas e o período de contratación de 35 días naturais ata 15.

Por outra banda, sinalou, Adif xa conta coa autorización comercial autonómica para a implantación da primeira fase do centro Vialia. Pola súa parte, o Ministerio de Fomento xa emitiu informe favorable, polo que agora lle corresponde ao concello de Vigo iniciar o procedemento de alteración da ordenación urbanística conforme á lexislación.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada