O corredor do Morrazo rexistrará este martes cortes puntuais para avanzar nas obras do terceiro tramo da autovía

A ampliación do paso inferior situado no Pq. 9+660 desta infraestrutura viaria, que se está a levar a cabo estes días, fai preciso realizar peches puntuais. Para executar estas actuacións serán necesarios estes cortes entre as 8.30 e as 19.30 horas, establecendo paso alternativo ao tráfico neste punto pola marxe esquerda do corredor.

Cómpre lembrar que no marco da execución deste terceiro treito da autovía, esta semana tamén comezará o transporte das vigas do viaduto da Fraga, o que implicará cortes puntuais na rede viaria circundante.

As interrupcións puntuais na circulación coincidirán co momento do paso do transporte das vigas prefabricadas con destino ao viaduto, e terán lugar na estrada provincial Meira-Moaña e no paso superior situado no enlace de Meira. O tráfico será desviado polo ramal de acceso ao enlace de Meira.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada