Catro ‘Cachosdesgueches’, dous actores e 10 personaxes

Damián Alonso y Jessica Roade, en Cachodesgueches, en el Reveriano Soutullo de Ponteareas.

Son unha parella cómica. Xente do teatro unida polo humor. Ambos pertencen á compañía Atrezzo Teatro que dirixe Chelo Pampillón e que está a representar, con grande éxito, Chicago Killer’s. Por certo, o guión é de Jessica Roade Riveiro, agora tamén Q2.

Damián Alonso di en broma, a propósito disto, que rescatou a Jessica –a quen chama Xefa- das obras serias e longas para o mundo do humor. Por parte dela, admite que quería completar a súa interpretación con algo distinto. A Grupo ES. antes da representación de ‘Cachosdesgueches’  explica con bo humor Damián como naceu esta parella artística: “Basicamente, porque a min apetecíame saír ó escenario a facer o parvo, pero como me daba moito medo facelo eu só, facíame falta unha máis intelixente”.

Dos catro ‘Sketchs’ representados nas II Xornadas de Teatro do Amador, no Reveriano Soutullo de Ponteareas, tres son orixinais deles e un cuarto recolle unha parte da obra escrita por Jessica, Chicago Killer’s.

Damián é un actor versátil capaz de adoptar distintos rexistros, incluso de voz, e todos de xeito críble. O contraste é Jessica que está a ridiculizar, provocando a risa, as palabras e actitudes de Damián. De aí saen frases e ditos que provocan a risa do público.

No primeiro sketch, ‘Eu mesmo e Ezequiel’, un pai separado (Damián) traballa coa súa filla (Jessica) nun consultorio web, ridiculízase a alianza dunha filla estudada que precisa o pai para poder manter un negocio por non ter aínda a titulación. É unha relación de conveniencias na que a filla espétalle na faciana ao pai todo o seu postureo. Deixándoo en ridículo provoca as risas do público.

No segundo, ‘Vaia hipsterpollas!’, Damián é un ligón de profesión que trata de conquistar unha muller que ó remate do sketch resulta ser unha muller da rúa que lle pon prezo á ‘relación’ co conseguinte chasco que leva o ligón.

No terceiro, ‘A miña nai mátame’, poidemos ver a Damián facer de fillo parvo dunha nai que é a Morte e que lle encarga tarefas difíciles. Vestido de tuno, Damián establece un divertido diálogo con Jessica no que a ironía desta acaba por manipular e ridiculizar o pobre tuno, manexando as cousas á súa vontade.

O cuarto, ‘La zumbada de Tiffany’, está extraído da obra Chicago Killer’s, cando a asasina Tiffany Aramburu (Jessica) se entrevista con avogado defensor Billy Smith (Damián) que lle dá un argumento para a súa defensa.

En todos os sketchs son frecuentes as interrupcións, como fóra de guión, dirixíndose Damián directamente ó público. Son oportunas, xa que rompen a liña argumental para buscar a complicidade do público e provocan risa.

Tamén as baixadas do escenario ao espazo de butacas son frecuentes en ambos personaxes. Ó comezo dos sketch como no remate do cuarto o paseo que se dça Jessica cun bate de béisbol e un saco para buscar entre o público aqueles que se riron dela.

‘Cachosdesgueches’ encaixa dentro do humor galego onde ó realismo da muller fronte o idealismo ou postureo do home cae no grotesco.

Con escasos recursos, Jessica e Damián fan unha boa interpretación, divertida e que reflicte o mundo social moderno, tamén galego.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
21