O lago dos cisnes do Ballet Nacional Ruso en Vigo e Pontevedra

O lago dos cisnes a cargo do Ballet Nacional Ruso de Serguey Radchenko.

Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará nas cidades de Vigo e Pontevedra a representación de O lago dos cisnes a cargo do Ballet Nacional Ruso de Serguey Radchenko. Poderase ver o vindeiro martes 23 de outubro, ás 20.30 h, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) e o mércores 24 de outubro, ás 20.30 h, no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Bicada, 2). 

Esta obra de P. Tchaikovsky transcorre entre o amor e a maxia, enlazando nos seus cadros a eterna loita do ben e do mal. Protagonízana o príncipe Sigfrido, namorado de Odette, unha rapaza convertida en cisne polo feitizo do malvado Von Rothbart, e Odile, o cisne negro e filla do bruxo.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada