Os Bocados de Outono conquistan os padales máis esixentes

O Mama Fina, Casa Ferreira, A Casa da Triga, a tapería O Muíño, a viñoteca Eira Vella, a tapería MacDona, Quo Vadis, A Xanela Gastronómica, a cervexería Balú, a bocatería McBuba, a tapería A Fragha e a cafetería Cortiñas son os vintes locais donde poderán degustar os pinchos.

Bocados de Outono tralo éxito do ano pasado amplía a súa duración para ofrecer durante tres fins de semanas seguidos os mellores pinchos de tempada en Ponteareas. Doce locais e vinte propostas gastronómicas conquistarán os padales máis esixentes da área metropolitana.

Receitas suculentas e con produtos de tempada que ofrecerán a clientela unha mostra do bo facer da hostalería de Ponteareas.

Cunha ampla variedade que vai dende receitas tradicionais a pinchos innovadores que espertarán a curiosidade dos paladares.

O lacón e os grelos pisan forte podéndose degustar en hamburguesa ou tosta. Os cogumelos, as castañas, o millo, o solombo e un sinfín de ingredientes serán combinados para sorprender aos que queiran desfrutar dos mellores bocados do outono.

O Mama Fina, Casa Ferreira, A Casa da Triga, a tapería O Muíño, a viñoteca Eira Vella, a tapería MacDona, Quo Vadis, A Xanela Gastronómica, a cervexería Balú, a bocatería McBuba, a tapería A Fragha e a cafetería Cortiñas son os vintes locais donde poderán degustar os pinchos da IV ruta Bocados de Outono.

Unha iniciativa da concellería de Hostalería que xurdíu co obxectivo de promocionar a gastronomía local e os negocios hostaleiros que atraerá a visitantes de toda a área metropolitana a Ponteareas.

A concellaría repartíu cartaces e folletos informativos coa ruta, as tapas e os locais participantes, entre outras accións promocionais, para chegar ao maior número de público posible.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada