A Xunta completa os pagos correspondentes ás melloras dos prezos das expropiacións para a Plisan

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de rematar o pagamento das contías correspondentes ás melloras establecidas no prezo dos bens expropiados para o desenvolvemento da Plataforma Loxístico-Industrial de Salvaterra- As Neves (PLISAN).

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) foi o encargado de abonar esta mañá os últimos pagos pendentes: un total de 209.376,47 euros, incluíndo os xuros, correspondentes a 301 fincas, bens ou dereitos expropiados.

O investimento a día de hoxe neste proxecto supera os 47,5 millóns de euros, entre pagos de expropiacións, obras executadas e obras adxudicadas

Desde o ano 2015, a Xunta, en calidade de representante dos tres organismos promotores da PLISAN (Porto do Vigo, Zona Franca e Instituto Galego de Vivenda e Solo), leva abonados máis de 14,5 millóns de euros en concepto de mellora dos xustiprezos aplicados para o desenvolvemento deste proxecto. Estes pagos realízanse en aplicación das revisións establecidas tanto por sentenzas ditadas polo TSXG, como por resolucións do Xurado de Expropiación.

Así mesmo, cómpre lembrar que desde 2015 o investimento executado ou comprometido na PLISAN entre os promotores supera xa os 47,5 millóns de euros. Así, mobilizáronse máis de 11,3 millóns na execución das infraestruturas de sistemas xerais e están adxudicadas as obras correspondentes á construción e explotación da estación depuradora de augas residuais, estación de tratamento de auga potable e urbanización interior da zona Loxístico Empresarial, nas que se investirán en conxunto preto de 21,7 millóns de euros.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada