O sábado 1 y e domingo 2 de decembro.

A 5ª Festa dos Espumosos de Salvaterra adquire un carácter máis profesional coa presenza do enólogo Jaume Gramona

Celebrase o solemne capítulo da Confraría do Viño do Tea e Espumosos co nomeamento de novos confrades

Jaume Gramona, procede de una familia con una larga tradición en la elaboración del cava.

Jaume Gramona vai ser a estrela desta quinta Festa do Viño Espumoso DO Rías Baixas en Salvaterra de Miño. Este enólogo catalán, titulado co ‘Diplôme National d’Enologie’ pola Universidade de Dijon (Borgoña), profesor de Viños Espumosos da Universidade de Tarragona e creador de viños tan recoñecidos como o Vi de Gel, o Moustillant, o Chardonnay Mas Escorpí e o Celler Batlle Sauvignon Blanc, impartirá dous máster class sobre elaboración de espumosos segundo método tradicional.

Gramona terá 30 alumnos entre adegueiros, enólogos e técnicos, segundo as prazas que ten ofertadas o Concello de Salvaterra, organizador da Festa dos Espumosos. Ademais, o veterano catador e primeiro Ambassadeur du Champagne, Luís Paadín, que acudiu como profesor ás cinco edicións da Festa, explica que con esta novidade da Máster Class sobre elaboración de espumosos e coa presenza dun primeiro espada da enoloxía española, “esta edición vai ter un punto máis de profesionalidade” pola formación que se oferta.

Nestas 6 horas, os asistentes ás clases de Gramona van aprender da súa experiencia na forma de calibrar o azucre e a acidez así como o tratamento dos viños de cavas de paraxe. Gramona coñece todas estas técnicas directamente das adegas da Borgoña.

Por outra parte, Luís Padín mantén o seu tradicional curso de iniciación ao mundo dos espumosos. O Concello de Salvaterra dispuxo de 40 prazas para o curso, que terá lugar o domingo a partir das 17.00 horas. Probaranse 9 viños. Paadín observa que moi pouca xente tivo a oportunidade de facer unhas probas ou catas de espumosos, xa que non son tan frecuentes coma as dos viños tranquilos.

Outra novidade, que se agarda con expectación, é o anunciado ‘Show coffee con espumoso’ que impartirá o barista Sebas de Cafés do Noso.

Nos stands poderanse degustar espumosos acompañados de ostras, lamprea rechea, empanada, mexillóns, tapas, embutidos, filloas, bombóns, turrón e chocolate. Un total de 9 adegas da DO Rías Baixas ofertan os seus espumosos que se poderán catar e mercar.

Non faltarán as actuacións musicais ao longo dos dous días, o sábado 1 e o domingo 2 de decembro. O sábado, Iria Estévez e o grupo La Mafia e, o domingo, A banda do Sequio e Guillermo Castro. A banda de Gaitas Pontenova estará o sábado na apertura dos stands.

O domingo ás 12.00 horas, na Casa do Viño, celebrase o solemne capítulo da Confraría do Viño do Tea e Espumosos co nomeamento de novos confrades.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
411