Sportur Galicia converte a Expourense nun gran parque multiaventura que promociona a Galicia como destino de turismo activo

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, presidiu o acto de apertura desta cita que convoca a 125 expositores e ofrece máis de 100 actividades.

Sportur Galicia abriu esta mañá en Expourense as portas da súa segunda edición convertido no mellor escaparate para dar a coñecer o labor que realizan ao longo de todo o ano as federacións e clubes deportivos de Galicia ofrecendo un programa con máis de 100 actividades orientadas a promover unha vida activa, saudable e en contacto coa natureza.

Esta cita, que concluirá o sábado 17 ás 20.00 h., ven demostrar o perfecto binomio que en Galicia forman o turismo e o deporte á hora de vender á nosa comunidade como destino entre mercados de proximidade incluíndo ademais a presenza de expositores de Asturias e do Norte de Portugal.

Sportur Galicia 2018 foi inaugurado esta mañá pola secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez, acompañada polo alcalde de Ourense e vicepresidente executivo de Expourense, Jesús Vázquez; polo vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández; e polo presidente do Clúster de Turismo de Galicia Cesáreo González. Durante a súa intervención indicou que “coa celebración de Sportur Galicia e da Carreira de San Martiño, Ourense convértese no epicentro do deporte galego”. Explicou ademais o feito de que esta cita se celebre en Expourense, “un recinto que grazas a súa compatibilidade conta coa máxima ocupación a nivel feiral e deportivo e que contribúe a posicionar ao atletismo galego a nivel nacional ao tempo que desestacionaliza a oferta turística que ofrece Ourense”.

Durante estes tres días, o recinto de Expourense convértese nun gran parque multiaventura que ofrece un completo programa de actividades dirixidas tanto aos deportistas profesionais como aos afeccionados como tamén para as familias xa que lles permitirá practicar deportes xa coñecidos e descubrir outros novos, así como coñecer novos destinos próximos onde gozar da natureza. Esta cita permite gozar de clases abertas para os visitantes, adestramentos, exhibicións e tamén de torneos e campionatos.

Entre as actividades permanentes que poden gozarse ao longo dos tres días de feira destacan o rocódromo, a ponte tibetana, o remo indoor, os simuladores de navegación ou tiro, a pista de pitch and putt, os obradoiros de maquillaxe e chapas ou os xogos tradicionais. Tamén se promoven hábitos de vida saudables promovidos por entidades como o centro Médico ERl Carmen o a Asociación Diabética Auria e pódese participar na xincana de reciclaxe promovida por Coca-Cola. Unha das novidades deste ano son a  posibilidade de sobrevoar o recinto feiral no globo aerostático cedido por REMAX (disponible mañá venres e o sábado) ou de facerse fotos nos escearios polos que pasou “La Vuelta Ciclista”.

A celebración desta segunda edición serve de quecemento para a XLII Carreira Popular de San Martiño cuxos corredores recollerán os seus dorsais no recinto feiral a partir de mañá venres. Sportur Galicia acollerá ademais a entrega de medallas do ciclo de probas “Correndo por Ourense” que organiza o Concello de Ourense e que está programada para o sábado 17 ás 19.00 h.

ACTIVO

Entre os expositores procedentes de Portugal destaca a presenza dos parceiros de Turismo Porto e Norte que animou ás cámaras municipais a presentarse como destino activo de proximidade. Dentro desta rexión tamén haberá outros destinos que participan de xeito independente como Ponte de Lima, Ribeira da Pena, Montalegre, Melgaço ou Vila Real, entre outras.

 

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
21