As psicólogas e psicólogos galegos abordaron a fobia á condución

Pechouse a xornada cun debate que pretendía recoller un posible protocolo de abordaxe desta fobia desde a psicoloxía en colaboración coas autoescolas. Unha alumna de autoescola.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou unha xornada sobre a amaxofobia, é dicir, o medo a conducir, na que participaron máis de 30 psicólogos e psicólogas do ámbito do tráfico e da seguridade.

O curso, que transcorriu ao longo de toda a xornada do sábado nun hotel de Santiago de Compostela, centrandose na abordaxe desta fobia a conducir, que pode aparecer como secuela psicolóxica tras un accidente de tráfico, ou incluso por outro tipo de trauma que a persoa pode relacionar coa actividade de conducir. Unha fobia incapacitante para quen a padece e que desde as autoescolas comezan a demandar atención psicolóxica neste sentido.

O docente, o psicólogo Antonio Cabrera Rada, vogal da área de Tráfico do Colegio Oficial de Psicología de Ceuta, realizou unha introdución e fundamentación teórica sobre a amaxofobia, para despois proceder ao estudo de casos nunha segunda parte de carácter práctico. Á continuación, o psicólogo galego Diego Lorenzo Torres xunto coas responsables da formación viaria de autoescolas Diana Parra Vilán e Jesús Vilariño Rodríguez, exploraron nunha mesa redonda as alternativas de colaboración con centros de formación para a abordaxe da fobia á condución.

As posibilidades da realidade virtual na intervención psicolóxica da fobia a conducir centrou a última parte da xornada, que presentou o psicólogo galego Diego Antelo Guerra. Pechouse a xornada cun debate que pretendía recoller un posible protocolo de abordaxe desta fobia desde a psicoloxía en colaboración coas autoescolas.

Desde o Grupo de Tráfico e da Seguridade do COPG, que organiza esta actividade, considera de especial interese abordar este tipo de trastornos, que afectan especialmente ás vítimas de accidentes de tráfico. Ao mesmo tempo, desexamos expresar a nosa solidariedade coas vítimas do tráfico, unha conmemoración que celebrou o seu 25 aniversario este domingo 18 de novembro.

A seguridade nas estradas require dunha abordaxe multidisciplinar na que a psicoloxía é un eixo básico, xa que é preciso implementar estratexias de reeducación, modificación da conduta e autocontrol co fin de atallar o grave problema da reincidencia ao volante. Máis aínda cando en Galicia se incrementaron os accidentes mortais nun 40% no que levamos de ano.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada