O número de turistas lusos incrementouse este ano un 4% e o de peregrinos un 12,7%, reafirmando o seu peso e os vínculos entre ambos territorios

Un peregrino a su paso por Esposende en el Camino Portugués.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou hoxe no III Workshop de Destino Proximidade do Clúster Turismo de Galicia, celebrado en Vila Nova de Gaia, onde animou a continuar ampliando as canles de colaboración con Portugal, o principal mercado internacional para o sector da Comunidade.
A cita congregou a máis dun centenar de axentes de viaxes e touroperadores do Norte de Portugal e empresarios galegos, que mantiveron encontros profesionais para dar a coñecer a nosa oferta turística. Deste xeito, afóndase nos obxectivos de internacionalización da Estratexia do Turismo de Galicia 2020, a folla de ruta froito da colaboración público-privada que aposta por un turismo auténtico e de calidade como motor de desenvolvemento.

“A Xunta e o sector traballamos pola mellora constante na formación a todos os niveis e na modernización das nosas infraestruturas e equipamentos”, salientou Román Rodríguez. Nesa liña, aludiu ao Plan de Mellora de Aloxamentos Turísticos, que se engade ás numerosas medidas en marcha que impulsan un destino máis innovador, competitivo e accesible.

O responsable de Turismo do Goberno galego felicitou ao sector pola súa evolución nos últimos anos e agradeceu a confianza dos profesionais lusos. Nese sentido, indicou que o número de turistas do país veciño está a medrar un 4% e supera este ano os 173.000. Con case 300.000 noites de hotel, os datos reafirman o seu peso na demanda internacional do turismo que recibe Galicia. Cun 18,4%, acada o seu nivel máis elevado da última década.

Este crecemento esténdese ao Camiño de Santiago, que o están percorrendo un 12,7% máis de peregrinos procedentes de Portugal. Ademais, o Camiño Portugués e a súa variante pola costa, dous dos 10 itinerarios oficiais, están a experimentar un auxe moi significativo.

DESTINO MULTIEXPERENCIAL

Galicia presentouse neste workshop, ao que tamén asistiu a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, como un destino multiexperiencial, disposto a compartir e poñer en valor a súa cultura, paisaxe, natureza, patrimonio e enogastronomía, tanto na costa como no interior, tanto nos seus sete principais destinos urbanos como no turismo rural.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
2