Galicia Skills 2018 premia a excelencia do alumnado

A conselleira de Educación presidiu hoxe a entrega de medallas desta competición, organizada polo seu departamento.

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presidiu hoxe a entrega das medallas do certame Galicia Skills 2018, que se celebra desde o pasado mércores na Feira Internacional de Galicia Abanca (Silleda), organizadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Un total de 137 alumnos participantes, acompañados dos seus titores, de 52 centros públicos mediron nestes días as súas destrezas en 26 modalidades ou skills formativas, demostrando a excelencia das ensinanzas que reciben.

Durante a súa intervención Carmen Pomar sinalou a FP como unha “modalidade de formación de futuro, innovadora e adaptable aos cambios”. “Como resultado, hoxe a FP galega é un referente en todo o Estado e segue a liña dos principais países europeos neste ámbito como Alemaña, Suíza ou Austria”, dixo, “unha ensinanza moderna, dinámica, fonte de emprendemento e porta aberta ao emprego, ao axustarse ás particularidades sociais e económicas de Galicia”.

A conselleira quixo tamén gabar a capacidade e valía do alumnado para desempeñar o traballo para o que se preparan. “Sodes un orgullo para todos nós, polo compromiso, o esforzo e a destreza demostradas”, destacou. Así mesmo, agradeceu a implicación de familias, profesorado e centros, polo apoio imprescindible que prestan. A titular de Educación resaltou tamén a colaboración das empresas, tanto neste campionato como cos centros, “que pon en valor a calidade e o atractivo das ensinanzas de formación profesional, motivando o alumnado e recoñecendo e estimulando o labor do profesorado”.

COMPETICIÓN E SERVIZOS

Ademais das competicións nas skills, en Galicia Skills puideron verse tamén obradoiros de imaxe persoal, drons, artes gráficas e hospital de robots, así como demostracións de realidade virtual, con simuladores e 3D, e de cociña innovadora. Cómpre salientar que a maiores da súa participación no certame, foron 15 centros galegos os que se ocuparon dos servizos do evento: reprografía, atención a visitas, apoio administrativo…

De feito, o IES Fraga do Eume (Pontedeume) foi o encargado de servir hoxe o cóctel da gala de clausura, que foi amenizada coas actuacións do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, do Conservatorio Superior de Música da Coruña e dos DJs do IES Xelmirez I (Santiago) . O deseño e realización das medallas correu a cargo do IES Politécnico de Vigo e a o IES Plurilingüe Pintor Colmeiro (Silleda) ocupouse da organización do acto de peche, que foi retransmitido en streaming polo alumnado do CIFP Imaxe e Son (A Coruña).

GALARDOADOS

Dos galardoados hoxe, os premiados con medalla de ouro competirán representando a Galicia en Spain Skills 2019. A relación de premiados –tanto medalla de ouro como de prata– pode consultarse na seguinte táboa.

MEDALLA E COMPETICIÓN CENTRO PARTICIPANTE
ALUMNO
TITOR
Medalla Ouro

Tecnoloxía do automóbil

IES As Mariñas (Betanzos) Brais Fernández Rocha José Manuel Carabel González
Medalla Prata

Tecnoloxía do automóbil

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago) Mateo Rodríguez Rodríguez Miguel Ángel Teira Patiño
Medalla Ouro

Pintura do automóbil

CIFP As Mercedes (Lugo) Hugo Rigueiro Álvarez Balbino Trigo Díaz
Medalla Prata

Pintura do automóbil

CIFP Ferrolterra (Ferrol) Christian Docal Fernández Luis Gesto Lois
Medalla Ouro

Fontanería e calefacción

CIFP As Mercedes (Lugo) Miguel Carballal Vizcaino Leticia Conde Castro
Medalla Prata

Fontanería e calefacción

CIFP Coroso (Ribeira) Carlos Gaciño Carnota Sonia Arias Rivas
Medalla Ouro

Instalacións eléctricas

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago) Esteban Romero Liñares Cristina Rey Carballo
Medalla Prata

Instalacións eléctricas

IES Politécnico de Vigo (Vigo)
María Jesús Baña Castiñeira
José Manuel González Domínguez
Medalla Ouro

Pintura e decoración

CIFP Porta da Auga (Ribadeo) Francisco Lombán Silvosa José Fernando Méndez de Andrés Rodríguez
Medalla Prata

Pintura e decoración

CIFP A Farixa (Ourense)
Virginia Romina Rey Friedman
Mª del Carmen Iglesias Delgado
Medalla Ouro

Ebanistaría
CIFP Someso (A Coruña) Brais Mosquera Fuentes Benigno Rafael García Amor
Medalla Prata

Ebanistaría
IES de Melide (Melide) José Antonio Ferraces López José Fernández Jiménez
Medalla Ouro

Carpintaría
IES Salvaterra de Miño (Salvaterra de Miño) Jonathan Jose Alfaya Araujo José Luis González Álvarez
Medalla Prata

Carpintaría
CIFP Someso (A Coruña) Javier Pardiñas Lorenzo Benigno Rafael García Amor
Medalla Ouro

Xardinaría paisaxística

IES Montecelo (Pontevedra) Alberto Martínez Garrido Adrián Darriba Bello Vera Gómez Pardeiro
Medalla Prata

Xardinaría paisaxística

CIFP A Granxa (Ponteareas) Juan Enrique Iglesias Álvarez Rosa María Alonso Cantalapiedra  Montserrat Vázquez Meizoso
Medalla Ouro

Refrixeración e aire acondicionado

CIFP As Mercedes (Lugo) Diego Ramil Silvosa Victor Manuel Paz Cortiñas
Medalla Prata

Refrixeración e aire acondicionado

IES Universidade Laboral (Culleredo) Juan Reboredo Espiñeira Cristóbal Fraguela Casal
Medalla Ouro

Mecatrónica
CIFP Ferrolterra (Ferrol) Leonardo Arturo Lanzoy Saavedra

Rafael Regueiro Carballeira

José Antonio Gómez Rodríguez
Medalla Prata

Mecatrónica
CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) Francisco Ibáñez López Mateo González Pérez José Luis Blanco Carballido
Medalla Ouro

Enxeñaría de deseño mecánico-CAD

CIFP As Mercedes (Lugo)
Ainhoa Torres López
Alberto Pereira López
Medalla Prata

Enxeñaría de deseño mecánico-CAD

CIFP Ferrolterra (Ferrol)
María Tarín Robles
María Dolores González Román
Medalla Ouro

Mecanizado
IES Politécnico de Vigo (Vigo) David Ucha Pérez Francisco José Rodríguez Martínez
Medalla Prata Mecanizado CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) Diego Tallón Pedreira José Romero Pérez
Medalla Ouro

Soldadura
CIFP Politécnico de Santiago (Santiago) Alberto Vidal Lado Ovindo Comuñas García
Medalla Prata

Soldadura
IES Marco de Camballón (Vila de Cruces) Daniel Puga Méndez Rubén D. Gómez Casal
Medalla Ouro

Electrónica
CIFP Politécnico de Santiago (Santiago) Miguel Messina Añón Sabino Vidal Garea
Medalla Prata

Electrónica
CIFP A Farixa (Ourense) Kevin Domínguez Lorenzo Ángel Benito Álvarez Rodríguez
Medalla Ouro

Control industrial

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago) Pablo Chico Segade Pablo Pérez Seoane
Medalla Prata

Control industrial

IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra) David Alonso Méndez David Camiños Rivas
Medalla Ouro

Solucións de software para empresas

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense) Iván Rodríguez Salgueiros Mª Luz Amaro Lois
Medalla Prata

Solucións de software para empresas

IES A Pinguela (Monforte) Miguel Pérez Rodríguez Iván García García
Medalla Ouro

Administración de sistemas en rede

IES San Clemente (Santiago) Alejandro Buján Pampín Bruno Vila Vilariño
Medalla Prata

Administración de sistemas en rede

IES Isidro Parga Pondal (Carballo) Daniel Grela Mosquera Diego Terrón del Valle
Medalla Ouro

Tecnoloxía da moda

CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)
Yéssica Fernández Miño
Mª José Ramallal Mosquera
Medalla Prata Tecnoloxía da moda CIFP Manuel Antonio (Vigo)
Alba Otero López
Mónica de Acevedo Pedro
Medalla Ouro

Peiteado
IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra)
Irene Galbán Rodríguez
Ana Mª Varela Pena
Medalla Prata

Peiteado
CIFP Someso (A Coruña)
Brenda María Cordero de la Cruz
Beatriz García Veiga
Medalla Ouro

Panadaría
CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)
Yamila Sidati Novo
Avelina Amado Fernández
Medalla Prata

Panadaría
CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) Luis Miguel Padín Insua Manuel Patiño Carou
Medalla Ouro

Cociña
CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) Víctor Paz Soage Antonio Vieira Armada
Medalla Prata

Cociña
IES de Vilamarín (Vilamarín) Fabio Santamaría Gómez Mónica Cernadas Carreira
Medalla Ouro

Servizo de restaurante e bar

CIFP Manuel Antonio (Vigo) Andrés Salgueiro Troitiño Garrido Cousillas, José Ramón
Medalla Prata

Servizo de restaurante e bar

CIFP Compostela (Santiago) Miguel Pampín García Francisco Molinos Reimúndez
Medalla Ouro

Recepción hoteleira

CIFP Manuel Antonio (Vigo)
Ainara Navarro Muñoz
Roi Álvarez González
Medalla Prata

Recepción hoteleira

CIFP Compostela (Santiago)
Noelia Veiga Domínguez
Rebeca MiramontesPenas
Medalla Ouro

Floraría
IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo)
Cristina Ares Rivas
Mª Angeles Camino Saco
Medalla Prata

Floraría
CFEA de Guísamo (Guísamo)
Lucía Rodríguez Vázquez
Mª Luisa Quintana Rodríguez
Medalla Ouro

Coidados auxiliares de enfermaría

IES Lamas de Abade (Santiago)
Iria Díaz Granja
Mª Cristina Robledo Trabanco
Medalla Prata

Coidados auxiliares de enfermaría

IES Leixa (Ferrol)
Ainhoa Cambronero Rodríguez
Laura Ríos Dalama
Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada