O museo do Viño de Salvaterra, un “revulsivo” para o mundo da enoloxía e para a vila

Javier Paadin degúella cun sable una botella de espumoso, na 5ª Festa dos espumosos de Salvaterra.

“A Universidade de Vigo fala moito do mar pero non o fai da terra”. Así comezou a súa intervención o alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, tras el nomeamento de nuevos cofrades da Confraría do Viño do Condado e Espumosos. “É unha pena”, dixo Grandal, que a nosa universidade, especialmente a máis próxima, a de Vigo, non investigue e colabore achegando coñecementos no mundo do viño.

Grandal explicou os proxectos vinculados ao enoturismo que porá en marcha para o vindeiro mes de xaneiro: Museo do Viño unido á Casa do Viño, así como as termas –“únicas do sur de Galicia”- e un sendeiro máis para ter un por cada un dos cinco ríos do municipio.

O alcalde dixo que os técnicos e a empresa que está a facer o Museo do Viño din que “ha de ser un dos mellores museos do viño en canto a contidos”. Máis adiante cualificou de “revulsivo” o que vai supor no mundo do viño e en Salvaterra dita infraestrutura.

Este Museo vai estar comunicado coa Casa do Viño –antiga Casa do Conde, no recinto amurallado-. Grandal adiantou que se vai converter nun centro de coñecementos arredor do viño. Faranse catas, degustacións, así como charlas e conferencias para apoiar as adegas da comarca. “Vai ser como unha pequena universidade”, declarou.

Con estas infraestruturas en marcha e outras xa operativas, como o Parque Xardín de A Canuda, Salvaterra vai recibir más visitantes. Grandal situou a vila de Salvaterra na área de Vigo con 500.000 persoas potenciais visitantes máis as 200.000 do Norte de Portugal. Ademais fixo referencia á Eurocidade Monção-Salvaterra de Miño que supón unha poboación total de 30.000 habitantes.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1