Constituída a comisión de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistirá á Constitución da Comisión Galega de Espectáculos.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda presidiu esta mañá a reunión onde foi constituída a comisión de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, cuxa regulación foi aprobada por decreto no mes de agosto, seguindo o establecido na a Lei 10/2017, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia

A Comisión constitúese como órgano consultivo, de asesoramento e coordinación entre as distintas administracións e o sector. Por iso, está conformada por representantes da Xunta, da Federación Galega de Municipios e Provincias e do sector. En concreto, está composta por unha presidencia, unha vicepresidencia e quince vogalías, das cales 7 serán en representación da Administración autonómica, 2 da Fegamp e seis de representantes dos sector, veciños, consumidores e usuarios.

Terá como funcións principais a formulación de propostas; emisión de informes que se lle soliciten sobre a interpretación, aplicación e modificación das disposicións da lei; ou a elaboración de recomendacións para mellorar a actuación e coordinación das administracións.

GRUPOS DE TRABALLO

Na procura de acadar o maior consenso posible no desenvolvemento regulamentario da lei, constitúese no seo da Comisión dous grupos de traballo, o grupo de traballo do sector dos espectáculos públicos e o grupo de traballo do sector das actividades recreativas, para a elaboración de propostas e a análise das disposicións normativas que lles afecten.

Formarán parte deles diferentes entidades representativas dos diversos sectores e colectivos que abranguen os espectáculos públicos e as actividades recreativas, ademais de representantes da Xunta, e corresponderalle aos grupos de traballo, entre outras funcións, a elaboración de propostas para o seu debate no seo da comisión.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada