A Xunta presenta o micrositio do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o director do Centro Galego de Arte Contempor‡nea, Santiago Olmo. ARQUIVO,

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, asistiu á inauguración da xornada Redescubrindo o patrimonio bibliográfico: situación actual e perspectivas de futuro, onde se presentou o micrositio do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia, dentro de Galiciana- Biblioteca Dixital de Galicia (CCPBG).

O CCPBG é resultado do papel impulsor e supervisor do Centro Superior Bibliográfico de Galicia, agora Biblioteca de Galicia, e dos convenios de colaboración entre o Ministerio de Cultura e a Comunidade Autónoma de Galicia, o primeiro dos cales se asinou en 1989.
Durante estes máis de 30 anos traballouse en 42 bibliotecas. A catalogación do fondo antigo nestas bibliotecas realizouse en diferentes soportes en consonancia coa tecnoloxía dispoñible en cada momento.

Ao longo da súa historia, os traballos de recompilación do patrimonio bibliográfico de Galicia realizáronse en diferentes programas de catalogación e desde o ano 2017 a Subdirección Xeral de Bibliotecas está a traballar para que que toda a información do patrimonio bibliográfico galego recollida ata o momento poida ser accesible a través dun único catálogo. Finalmente considerouse que Galiciana-BDG é a plataforma adecuada para dar acceso a toda a información do patrimonio bibliográfico galego acumulada durante estas máis de tres décadas.

‘Redescubrindo o patrimonio bibliográfico: situación actual e perspectivas de futuro’
Ao longo do día de hoxe diversos expertos, procedentes non só de España senón de países como Italia ou Portugal, ofrecerán un resumo dos traballos sobre o patrimonio bibliográfico en España así como unha visión do estado da catalogación do fondo antigo no resto de Europa. Ademais, os asistentes terán oportunidade de coñecer as coleccións de fondo antigo custodiadas nas bibliotecas máis importantes da Península Ibérica.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada