‘O Camiño de Santiago debuxado’ rende homenaxe ao itinerario francés como Patrimonio Mundial no Museo das Peregrinacións

Symbol of the “camino de Santiago”, way of St James, which belongs to the UNESCO world heritage. The shell indicates the direction to Santiago de Compostela.

Coincidindo co ano do 25 aniversario do recoñecemento ao Camiño Francés como Patrimonio Mundial da Unesco que se conmemorou en 2018, a Consellería de Cultura e Turismo vén impulsando a exposición O Camiño de Santiago debuxado, que permanece no Museo das Peregrinacións e de Santiago da capital galega durante este mes de xaneiro.

A exposición, organizada pola Consellería de Cultura e Turismo, dá continuidade ao ano do 25 aniversario do recoñecemento da Unesco que se conmemorou en 2018 e pode visitarse ata o 27 de xaneiro en Santiago de Compostela

Inspirado no Códice Calixtino, o ilustrador gaditano Joaquín González Dorao recolle as súas vivencias nunha serie de ilustracións e acuarelas que conforman un libro de viaxe no que retrata o seu percorrido polos diferentes concellos do Camiño Francés desde Roncesvalles a Santiago de Compostela.

A exposición, baseada nunha publicación de Patito Editorial, consta dunha selección de 25 pezas nas que reflicte as súas vivencias en distintos pobos e cidades polas que atravesa este itinerario xacobeo, que escollen seis de cada dez peregrinos que chegan a Galicia.

O Camiño de Santiago debuxado mantense aberta no Museo das Peregrinacións e de Santiago ata o 27 de xaneiro de martes a venres de 9,30 a 20,30 horas; os sábados de 11,00 a 19,30 horas e os domingos e festivos de 10,15 a 14,45 horas.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada