O Sergas segue aberto a acadar un acordo cos representantes e traballadores dos puntos de atención continuada

O Servizo Galego de Saúde segue aberto a acadar un acordo cos representantes e traballadores dos Puntos de Atención Continuada e lembra que xa se teñen realizadas diversas reunións para tratar as reivindicacións destes profesionais. En concreto, celebráronse ata tres mesas sectoriais.

O departamento sanitario galego quere remarcar que moitas das reivindicacións solicitadas por este colectivo xa foron aceptadas, como é o pago de dobre dieta de manutencion os domingos e festivos; a eliminación do indicador de derivación hospitalaria como obxectivos do servizo vinculados á produtividade; a uniformidade suficiente, equipos de proteccion individual, de alta visibilidade, conforme ás normas de prevencion de riscos; ou a garantía de neutralidade de permisos e baixas laborais no que afecten á súa xornada complementaria.

En definitiva, o Servizo Galego de Saúde segue disposto a alcanzar un acordo, e continúa vixente a última proposta presentada pola Administración sanitaria.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada