O Concello de Salvaterra ofrece aos veciños 21 películas de cine de entrada gratuíta neste primeiro trimestre

Proxectaranse as fins de semana entre o 19 de xaneiro e o 31 de marzo no Salón da Casa de Cultura

O programa ‘Inverno de cine’ é o ciclo gratuíto da concellería de Cultura de Salvaterra de Miño que ofrece 21 películas as fins de semana con sesións  os sábados ás 22.00 horas e os domingos ás 17.00 horas, entre o 19 de xaneiro o 31 de marzo, no Salón da Casa da Cultura de Salvaterra.

‘Inverno de cine’, novo proxecto de ocio e cultura, está enfocado a toda a poboación, maiores, cativos, familias, grupos de amigos ou simplemente a esa persoa que busca unha alternativa diferente e asumible.

Para poder ofrecer cine, o Concello de Salvaterra dotou a Casa da Cultura dunha infraestrutura específica para acoller este novo proxecto. Así nos últimos meses instalouse unha pantalla de gran formato (5 metros), modernizouse o equipo de son e renováronse as cadeiras do salón con 200 novos lugares,  co fin de ofrecer a máxima comodidade posible.

Agora con este Ciclo gratuíto de Cine, o Concello de Salvaterra busca ser un referente na contorna e dar unha nova opción de ocio aos nosos veciños e veciñas. En ‘Inverno de cine’ atópanse as últimas estreas coas películas máis recomendadas do ano 2017. Os xéneros van dende o drama, pasando pola animación, ciencia ficción, acción, comedia dramática, fantasía, suspense, comedia e aventura con directores como Woody Allen, Timothy Reckart, Rian Johnson, Álex de la Iglesia, Isabel Coixet, Vicente Villanueva…, entre outros.

A primeira película que abrirá este ciclo ‘Inverno de cine’ o próximo sábado 19 de xaneiro vai ser un drama dirixido por Woody Allen, ás 17.00 horas ,‘Wonder Wheel’, que nos trasladará aos anos 50 en Nova York. O domingo está enfocado aos mais cativos coa proxección da película ‘Se Armó el Belén’, unha animación familiar dirixida por Timothy Reckart.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada