Os premios de Entroido en Salvaterra para as carrozas ou comparsas oscilan entre os 100 e os 600 euros

Entroido 2015, en Salvaterra.

O Concello de Salvaterra de Miño abre  o prazo de inscrición, do día 1 ao  15 de febrero, para todos aqueles que queiran participar no Enterro da Lamprea 2019. Este ano o Enterro celebrarase o próximo 9 de marzo, a partir das 17.00 horas.  Aínda que o Concello, por motivos de seguridade, de organización e espazo, resérvase o dereito de reducir ou ampliar o  prazo de inscrición.

Neste desfile poderán inscribirse todas aquelas Comparsas e Carrozas, que cumpran os requisitos. Só se poderán inscribir unha comparsa ou carroza por asociación ou persoa.

Modalidades: Categoría de Carroza:  Poderán participar nesta categoría todas aquelas carrozas que  teñan como mínimo 25 participantes e unhas    dimensións mínimas de  5 metros de longo.

Categoría de Comparsa: Poderán participar nesta categoría as comparsas que teñan un mínimo de 20 membros.

As comparsas ou carrozas deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario coma na súa actuación. Non se considerarán como comparsas ou carrozas con dereito a inscrición e participación aquelas que en anos anteriores repetisen, no substancial, o seu disfrace.

Os premios á participación oscilarán entre os 100 e os 600 euros, dependendo da categoría e da cantidade de participantes.

Desde o Concello queren recordar que todas aquelas persoas que queiran participar no enterro de forma persoal, e non a través dunha carroza ou comparsa, poden facelo dentro da propia comitiva da defunta lamprea, formando parte do grupo de Choronas que acompañan a lamprea, de loito rigoroso.

A saída do desfile, de Comparsas e Carrozas do Enterro da Lamprea do Entroido 2019 de Salvaterra está prevista para as cinco da tarde, desde a rúa Rosalía de Castro, percorrendo Castelao, Fonte da Vila, dona Urraca e praza do Concello.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada