A través dun programa europeo liderado por Salvaterra de Miño,

Os turistas poderán visitar en barco as vilas de Tui, Valença, Monçao e Salvaterra polas augas do Miño internacional

Un dos barcos que levan turistas nas augas do Douro e que fan tarefas similares ás que se pretenden no río Miño.

As augas do Miño internacional van ser un atractivo turístico de primeira magnitude en Galicia e no Sur da provincia de Pontevedra. Un programa europeo aprobou a navegabilidade das augas internacionais entre Salvaterra-Monção e Tui-Valença. Isto supón que o Miño, coma o Douro, vai poder ser percorrido por barcos turísticos que farán escalas nestas vilas, a partir do año 2020.

Uns pantaláns flotantes permitirán aos turistas desembarcar e visitar adegas e viñedos, castelos, murallas e fortalezas, centros históricos, parques da Natureza, rutas enogastronómicas, pesqueiras do río Miño, a Illa de Fillaboa co seu centro de interpretación medio ambiental do río Miño e carreiros e ecopistas.

Aínda máis neste caso de Eurocidades, xa que se vai aproveitar a existencia de camiños de ferro. Por iso, este proxecto tamén recolle o aluguer de mini trens turísticos nas eurocidades Monção-Salvaterra e Valença-Tui. Os tramos das paradas fluviais intermedias estarán enlazados con mini autobuses.

Este proxecto vai ser liderado polo Concello de Salvaterra e os seus socios son Tui, Valença e Monção, así como Turismo de Galicia, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia e o Ente de Turismo Porto e Norte de Portugal. O proxecto conta cun orzamento de 1,1 millóns de euros.

A FILLABOA

Esta actividade turística promoverá o valor natural e paisaxístico do corredor ambiental do río Miño, área clasificada como lugar de importancia comunitaria da Rede Natura 2000, a ámbolos dous lados da fronteira. As accións partirán da illa Fillaboa do río Miño, espazo singular e de alto interese paisaxístico, situado na desembocadura do río Tea, no río Miño, e de propiedade do Concello de Salvaterra.

O río Miño ao se paso por Salvaterra enfrente, Monção.

Na illa de Fillaboa instalarase un Centro Transfronteirizo de Interpretación Ambiental con exposición permanente e interactiva co fin de dar a coñecer aos visitantes o patrimonio natural e concienciar a poboación para a súa conservación e preservación. Ademais crearase unha Aula de Natureza aberta do río Miño Internacional, complementado cun parque recreativo constituído por un parque de aventura para os máis pequenos e unha zona de lecer e recreo para as familias. Para acceder á illa Fillaboa adquirirase un barco de madeira destinado ás visitas á illa. Ademais recupérase a memoria histórica dos antigos residentes da Illa que efectuaban a travesía nun barco de madeira asegurado a unha corda.

Outros dos traballos que se van desenvolver son nun inventario da bibliografía e cartografía do patrimonio natural dos dous lados da fronteira, creando un sistema de xestión e de información común e harmonizada. Terá unha páxina web propia e un Xeoportal do río Miño Internacional. Inclúe, ademais, un vídeo promocional que dará a coñecer os valores paisaxísticos e faunísticos do corredor medio ambiental do Miño.

Embarcación tradicional en aguas del Miño Internacional.

Outra das accións que comprende vai ser crear unha Ruta Transfronteiriza de Observación da Avifauna con sinalización de dirección e interpretación e observatorios de aves que se colocarán nos principais puntos de visualización.

Prepararase un Kit do Observador constituído por unha mochila, auriculares, lapis e unha guía de observación de aves. Este kit estará a disposición dos visitantes nas oficinas de turismo das dúas eurocidades.

Embarcación tradicional en aguas del Miño Internacional.

Nunha primeira fase, está prevista a redacción dun estudo para identificar as áreas máis degradadas que necesitan intervención. Acompañado de accións como a erradicación das especies exóticas invasoras que poñen en risco a biodiversidade existente e anticipando as necesidades de recuperación de abrigos e estruturas de reprodución. Contémplase un programa de repoboación da vexetación e da fauna autóctona, tendo en conta o período normal de inundación e o período crítico de nidificación das aves.

Nunha segunda fase, procederase á recuperación e cualificación do corredor fluvial do río Miño Internacional nos territorios españois e portugueses, ao longo das marxes do río e áreas adxacentes dos cursos de auga con accións de limpeza, restauración, retirada dos residuos depositados, vexetación inútil e sedimentos.

Os traballos acompañaranse de programas estables de accións de sensibilización e educación de forma conxunta coa comisión sectorial de educación das Eurocidades co fin de organizar visitas dos centros educativos, con accións nos días máis simbólicos asociados á protección do medio ambiente por exemplo o Día Mundial do Medio Ambiente, ou o Día Internacional da Árbore, entre outros.

Co propósito de implicar a poboación, especialmente os mozos, crearase un programa de Voluntariado Ambiental.

Deportes náuticos no Miño entre Salvaterra y Monção.

Por outra banda, preténdese valorizar a existencia de recursos endóxenos e puntos de interese turístico asociados á especificidade da fronteira tales, como río Miño, fortalezas da raia, paisaxe natural, patrimonio histórico e cultural das zonas vellas, diversidade cultural e lingüística, contrabando, termalismo, adegas do Albariño e Condado, entre outras, nunha vantaxe competitiva fronte a outros destinos.

Nos catro concellos, promocionaranse as oficinas de turismo. Turismo de Galicia e a entidade Turismo Porto e Norte de Portugal crearán unha canle turística do Destino con contidos multimedia, producindo vídeos promocionais, sempre considerando os distintos perfís de turistas e segmentos de mercado de turismo.

Respecto ao enoturismo, organizaranse xornadas enogratronómicas as fins de semana, enoturismo (adegas, Albariños, Condados, Termas, Fortalezas, etc) e paquetes turísticos comúns que permitirán ao turista gozar da diversidade e complementariedade do Destino e así ampliar a súa estadía no Miño.

A nivel externo, situaranse tendas virtuais do Destino en puntos estratéxicos da Eurorexión. Esta subrexión do Miño farase representar nos grandes certames de turismo da Península Ibérica conxuntamente nos estands de turismo de Galicia e Norte de Portugal.

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1