Salvaterra sanea o río Mendo cunha depuradora que terá capacidade para 2.500 veciños

A conselleira de Medio Ambiente e Infraestructuras, Ethel Vázquez, o alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, e a primeira tenente de alcalde, Marta Valcárcel, e o delegando da Xunta, entrando na Casa do Concello de Salvaterra.

A Conselleira de Infraestructuras e Medio Ambiento, Ethel Vázquez,  e o alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, asinan no salón de plenos do Concello, este venres 22, a realización das obras de saneamento de Oleiros e a depuradora do río Mendo cun orzamento de 2,3 millones de euros. 

As obras que se van a acometer con este orzamento supoñen a construción dunha rede de saneamento na parroquia de Oleiros que conta aproximadamente 500 habitantes e 11 núcleos de poboación.

Os colectores colocaranse en vías municipais e en estradas da Xunta de Galicia. Van ao colector do río Mendo que a súa vez verterá na depuradora que se construya para verter ao río Miño.

O Concello de Salvaterra redactou o proxecto cun orzamento de 580.000 euros e entregouno en Aguas de Galicia para que levasen a cabo dita obra. Asimismo o Concello solicitou permisos a Adif, por estar a menos de 100 metros da vía do ferrocarril, e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil para a súa autorización.

A EDAR ou depuradora do río Mendo que verte no río Miño, o Concello fixo o proxecto cun orzamento de 1,8 millones de euros que tamén presentou en Augas de Galicia. Esta depuradora, preparada para recoller verquidos de 2.500 habitantes vai poder ser ampliada se fose necesario no futuro, recollerá as aguas dos colectores que xa están instalados nas parroquias de Leirado, Soutolobre, Meder, Corzáns, Fiolledo e Oleiros.

Nun principio estos colectores ían verter á depuradora que se constrúa próximamente na PLISAN, pero finalmente a Confederación Hidrográfica Miño-Sil manifestou que non era posible polo que se resolveu construir a depuradora do Mendo. Os terrenos onde se va instalar esta EDAR pertencen á parroquia de Oleiros e os seús veciños.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada