Quintana destaca o papel da pesca no desenvolvemento socioeconómico da cidade Namibia de Lüderitz

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, indicou que é a historia de moitos homes e mulleres que atoparon na pesca o seu modo de vida

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, puxo de relevo hoxe o papel da pesca no desenvolvemento socioeconómico da cidade namibia de Lüderitz, onde están presentes empresas galegas como Nueva Pescanova. Así o sinalou durante o acto de presentación do documental desta empresa La ciudad que nació del mar, una historia real, que narra o progreso desta rexión grazas ao impulso da industria pesqueira. Alí a conselleira tamén sinalou que a pesca fixo de Lüderitz “un lugar de oportunidades para medrar e desenvolverse profesionalmente e personalmente”.

En relación ao documental, baseado en personaxes e historias reais, Rosa Quintana indicou que é a historia de moitos homes e mulleres que atoparon na pesca o seu modo de vida. Homes como Belarminos, Jenaro, Ángel o Inmanuel, e tamén mulleres como Nelago, a primeira con título de Capitana de barco en Namibia; Yvone, a directora da gardería para os fillos dos empregados; Elisabeth, a responsable da tenda de Pescanova; Brigitte, a actual Vicealcaldesa, ou Hilaria, a anterior alcaldesa e traballadora de Novanam. Neste sentido a titular de Mar defendeu o papel da muller na pesca e puxo como exemplo o das protagonistas deste documental. Tamén puxo en valor a contribución de Nueva Pescanova á industria pesqueira desta cidade de Namibia.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada