As medallas Emilia Pardo Bazán recoñecerán ás persoas e institucións que desenvolvan accións relevantes a prol da igualdade

Emilia Pardo Bazán, a escritora e precursora do feminismo á que rexeitazaron na RAE.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a creación das medallas Emilia Pardo Bazán, que inician a súa tramitación e distinguirán as persoas e/ou institucións que coa súa traxectoria ou labor contribuísen e destacasen no desenvolvemento de accións relevantes en favor da igualdade entre homes e mulleres na nosa Comunidade.

A este respecto, Feijóo explicou que deste xeito Galicia quere demostrar a súa gratitude a quen, a través da súa loita pola igualdade constrúe unha sociedade galega mellor para as xeracións que están por vir e ademais recoñecer a traxectoria de todos e todas os que traballan para erradicar as desigualdades de xénero que aínda persisten.

Máis polo miúdo, o presidente da Xunta sinalou que poderán recibir estas distincións tanto persoas como colectivos, entidades ou institucións públicas como privadas. E, acto seguido, explicou a elección do nome destas medallas: “Emilia Pardo Bazán foi unha precursora nas ideas sobre os dereitos das mulleres e a igualdade, reivindicativa na educación e na instrución das mulleres”, dixo.

En definitiva, abundou, o galardón quere rememorar o exemplo de Emilia Pardo Bazán para, a través do seu nome, seguir recoñecendo aos que coma ela sigan pulando para conseguir a igualdade real e efectiva.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada