Aumenta o número de galegos residentes no exterior ata chegar aos 519.646

Segue a diminuír o de emigrantes que naceron en Galicia e marcharon ao estranxeiro

O Instituto Nacional de Estadística (INE) acaba de publicar os datos sobre o Padrón de Españoles Residentes en el Extranjero (PERE) a data 1 de xaneiro de 2019. As cifras feitas públicas polo organismo confirman a tendencia demográfica que está a experimentar a comunidade autónoma desde hai varios anos, e que reflicte un incremento do número total de galegos residentes fóra das nosas fronteiras, o que inclúe tanto aos emigrantes como os seus descendentes, xa nados nos seus países de destino, e unha diminución do de galegos nados na comunidade.

A cantidade total de galegos que vive no exterior incrementouse en 3.157, pasando dos 516.489 de 2018 aos 519.646. Pola outra banda, a cifra de galegos nados en Galicia que saíron do país decreceu dos 154.312 que había o ano pasado aos 151.763 do actual. Esta aparente contradición dos datos explícase polo aumento do número de fillos, netos e descendentes doutras xeracións que se dan de alta no padrón ben por ter nacido recentemente, ben por ter adquirido a nacionalidade malia ter nacido noutro país do mundo.

Todas as provincias ven, así, incrementada a súa cifra de residentes no exterior, segundo as estatísticas publicadas polo INE, que advirten un aumento de 1.143 pontevedreses vivindo no estranxeiro, que pasan dos 150.674 que había o ano pasado aos 151.817 actuais. A Coruña faino con 1.138 coruñeses máis e alcanzando os 180.662, Ourense con 65 máis ata chegar aos 113.746, e Lugo con 811 para quedar con 73.421.

DIMINÚE CADA ANO

A realidade demográfica de Galicia tamén constata outra consecuencia da tendencia migratoria que está a experimentar a comunidade, e que rebaixa cada ano a porcentaxe de galegos que residen no exterior que foron nados en Galicia e emigraron máis tarde por diferentes razóns. A cantidade de emigrantes que aínda residen no estranxeiro pasou, deste xeito, nun ano de supor o 29.7% do total de galegos que viven fóra das nosas fronteiras a constituír o 29% (é dicir, 15.579 galegos), porcentaxe que vén diminuíndo incesantemente desde 2011.

O retorno de emigrantes, que en el 2017 trouxo de volta a Galicia a 6.202 galegos, palía, deste xeito, a saída do país que emprenderon en 2018 un total de 3.212 galegos, segundo se desprende das cifras oficiais do INE.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada