Durante a celebración do Capítulo da Enxebre Orde da Vieira en Madrid

Miranda pide a todos os galegos do mundo que estendan o seu compromiso con Galicia ao Xacobeo 2021

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, fixo entrega dos trofeos Galeguidade no Mundo que concede cada ano a Enxebre Orde da Vieira a Ramón Villares Paz, a Casa de Galicia en Madrid e ao xornal Atlántico Diario nun acto que se celebrou na capital madrileña e organizado pola entidade galega e ao que tamén asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

O responsable do departamento autonómico aproveitou o evento, que congrega cada ano ducias dos galegos máis influentes e relevantes, non só de Madrid, senón do panorama nacional e internacional, para “pedir aos presentes e a todos os galegos do mundo que estendan o seu forte compromiso con Galicia ao Xacobeo 2021, a celebración máis intimamente ligada a unha das nosas maiores riquezas, o Camiño de Santiago”.

“O máis transcendente de cada un dos capítulos que celebra ano tras ano a Enxebre Orde da Vieira é que escenifica a universalidade da intelectualidade de Galicia, ás veces intanxible, que deixa a súa pegada en cada recuncho do planeta, e que xeran un sentir común que nos fai ser cidadáns do mundo, tendo presente sempre a nosa galeguidade, e poñendo sempre os valores de Galicia ao servizo das boas causas e de cada país e de cada terra que nos acolle”, sinalou Miranda. Estas xuntanzas “fannos ver, ademais, cuán necesarios son nestes momentos estes valores galegos para axudar a pasar esta etapa que está a vivir o Estado español, e que evidencia que, canta máis diversidade, maior capacidade ten un país e retos máis importantes pode afrontar de xeito conxunto, porque será capaz de responder a calquera condicionante por diverso tamén que sexa”, engadiu.

TODOS OS SECTORES

A Enxebre Orde da Vieira recoñeceu estes ano o seu labor en prol da galeguidade a Elena Zernova, unha rusa licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidad de San Petersburgo, onde exerce como profesora de galego, ademais de escritora e membro da Real Academia Galega; Pablo Junceda, director do Banco Sabadell Gallego; Celso Rodríguez Padrón, presidente do Tribunal Superior de Justicia de Madrid; Ana Fernández Teijeiro, presidenta da Sociedad Española de Hematología y Oncología; Isabel Pardo de Vera, presidenta de ADIF, Silvia Jato; Ramón Villares Paz; Beatriz Domínguez Gil, directora da Organización Nacional de Transplantes; José Carro Otero, presidente da Real Academia de Medicina de Galicia; María Teresa Fernández-Valdés, propietaria da productora galega Bambú e unha das 20 mulleres máis influentes do mundo da televisión, segundo Forbes; Manuel Parente Noya, presidente de Conic Vascular; Francisco García Río, neumólogo de La Paz; María Jesús Lamas, directora da Agencia Española de Medicamentos; Jesús María Marón, economista; e Alberto Sánchez Núñez, enxeñeiro industrial).

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada