Incorporase ao Edificio Fontán na Cidade da Cultura

O Instituto de Ciencias do Patrimonio contribuirá a preservar a identidade cultural de Galicia e a apostar por un turismo sustentable e de calidade

Fixará poboación nas zonas rurais

Cun equipo cun alto nivel de internacionalización, o Incipit compartirá espazos cos outros tres centros que albergará o edificio Fontán, o que permitirá a optimización de recursos, aseguran desde a Xunta. 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou este martes, durante o acto de sinatura, que esta nova incorporación do Instituto de Ciencias do Patrimonio ao Edificio Fontán contribuirá a seguir facendo do Gaiás un polo de cultura, coñecemento e investigación. O Consello da Xunta aprobou o pasado xoves o acordo co Consello Superior de Investigación Científicas (CSIC) para trasladar o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) á Cidade da Cultura. 

Feijóo lembrou que este organismo está consagrado desde a súa creación, en 2010, á investigación científica no eido do patrimonio cultural e ten realizado estudos sobre a evolución e patrimonialización do Camiño de Santiago; “polo que, se fai entre todos unha aposta polo noso, pola investigación en ciencias sociais en áreas fundamentais para Galicia como a paisaxe e os itinerarios culturais”, dixo, incidindo en que o labor deste instituto contribuirá a preservar a identidade cultural da Comunidade e apostar por un turismo sustentable e de calidade que non só teña como obxectivo atraer visitantes, senón tamén fixar poboación nas zonas rurais.

Ademais de contar cun equipo cun alto nivel de internacionalización, pois nel están representadas 11 nacionalidades, o titular do Executivo autonómico aseverou que o Incipit compartirá espazos co resto de centros do edificio Fontán que albergará, tamén, á Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, ao Consorcio Interuniversitario e ao futuro Centro Europeo de Investigación en Paisaxes Culturais, o que permitirá a optimización de recursos.

Como exemplo disto, Feijóo referiuse ao Congreso da Sociedade Internacional de Etnoloxía e Folclore, co Incipit como organizador principal xunto coas tres universidades e a Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural, que terá lugar estes días na Cidade da Cultura, coa participación de 1.100 especialistas nestas materias de todo o mundo.

“Incrementarase, polo tanto, o potencial do Gaiás xerando entre o Incipit e o Centro Europeo de Investigación en Paisaxes Culturais unha referencia a nivel nacional nos estudos do patrimonio. E será positivo para os traballadores, que contarán cun espazo moderno e funcional para traballar”, abundou.

Feijóo concluíu destacando a cooperación cordial e frutífera que practican as tres universidades galegas e o seu interese por ter unha docencia e unha investigación cada vez máis útiles e, en consecuencia, cada vez máis coordinadas.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada