A Xunta apoia 50 iniciativas empresariais de industria 4.0 na que participan pemes e clusters e que mobilizan 9,5M€

Automoción, agroalimentación, aeronáutica, granito, madeira e naval están entre os sectores que actúan como locomotoras da fábrica intelixente en Galicia.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, acaba de aprobar axudas por valor de máis de 3,1 millóns de euros para impulsar 50 iniciativas empresarias no ámbito 4.0, mediante proxectos demostrativos de pemes –coordinados a maioría a través dos clusters sectoriais da automoción, agroalimentación, aeronáutica, granito, madeira e naval– e nos que está previsto mobilizar un investimento final de 9,5 millóns en Galicia.

Así, o Clúster da Automoción de Galicia (Ceaga) lidera un proxecto centrado na dixitalización dos procesos na industria da automoción; o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) está á fronte de iFood4.0, pensando na industria alimentaria do futuro; o Consorcio Aeronáutico impulsa un proxecto neste eido; o Clúster do Granito de Galicia abarca unha iniciativa para incorporar as novas tecnoloxías ao sector da pedra natural; e o Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia e o Clúster Naval Galego (Aclunaga) liderarán iniciativas para seguir incorporando novas tecnoloxías ás dúas industrias.

Automoción, agroalimentación, aeronáutica, granito, madeira e naval, impulsados polos respectivos clusters, están deste xeito entre os sectores que actúan como locomotoras da Industria 4.0 en Galicia. Ademais, os proxectos demostrativos desenvolvidos neste marco servirán de exemplo a seguir tanto por outras empresas destes sectores estratéxicos para a economía de Galicia como doutros ámbitos para avanzar na mellora competitiva do tecido industrial galego. Este programa enmárcase dentro da Axenda Industria 4.0 da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Galicia aposta por este novo modelo produtivo no que a innovación, as novas tecnoloxías e a dixitalización permiten ás empresas dar resposta ás demandas actuais. Estes proxectos premiados están enmarcados dentro da Axenda Industria 4.0 e, xunto con outras iniciativas que se están levando a cabo en Galicia no eido da fábrica intelixente, son a proba de que a modernización do tecido produtivo está en marcha.

 

ENTIDADES
Investimento
previsto
Axuda concedida

FUNDACIÓN CLUSTER DE AUTOMOCIÓN DE GALICIA (CEAGA)

1.561.580,58 €

446.618,42 €

ASOCIACIÓN CLUSTER ALIMENTARIO DE GALICIA (CLUSAGA)

1.130.134,39 €

397.776,70 €

ASOCIACIÓN CONSORCIO AERONÁUTICO GALEGO

1.910.733,22 €

568.833,83 €

ASOCIACIÓN CLÚSTER GRANITO

1.012.748,24 €

283.389,22 €

ASOCIACIÓN CLUSTER DA MADEIRA DE GALICIA

990.152,15 €

376.189,55 €

ASOCIACIÓN CLUSTER NAVAL GALEGO (ACLUNAGA)

1.078.093,74 €

460.461,02 €

INICIATIVAS DE EMPRESAS

1.816.905,00 €

602.650,00 €

TOTAL
9.500.347,32 €
 
3.135.918,74 €

Proxecto premiado presentado por Ceaga

No proxecto Piloto Automoción 4.0: Dixitalizando os nosos procesos, todas as áreas de negocio do sector da automoción están inmersas nun proceso de dixitalización e de Industria 4.0. Para responder ás necesidades dos clientes é necesario implementar esta tecnoloxía, fomentando a conectividade que permite adaptarse aos cambios que se están producindo na cadea de subministración.

Algunhas das tecnoloxías implementadas son automatización, dixitalización, intercomunicación máquina a máquina e conectividade total.

 

Empresas
Investimento
previsto
Axuda concedida
TB SPAIN INJECTION

184.216,88 €

39.693,38 €

TECDISMA

329.393,60 €

72.433,72 €

INGENIERÍA Y FABRICACIÓN DEL NORTE

9.800,00 €

3.330,00 €

NETUN SOLUTIONS

15.386,00 €

4.615,80 €

GOYCAR GALICIA

116.450,00 €

34.510,00 €

INPLASOR GALICIA

113.250,62 €

35.765,19 €

MARSAN TRANSFORMACIONES SUPERFICIALES

320.344,18 €

96.538,14 €

GRUPO TECNOGAP ATLANTICO

332.891,30 €

103.167,39 €

LEDISSON A&IT

139.848,00 €

56.564,80 €

 
TOTAL
1.561.580,58 €
446.618,42 €

Proxecto premiado presentado por Clusaga

O proxecto IFood 4.0: A Industria alimentaria do Futuro en Galicia persegue a incorporación de solucións tecnolóxicas á cadea de valor de alimentos e bebidas para desenvolver sistemas de almacenamento e instalacións de produción máis intelixentes, integrando tecnoloxías da información en todo o proceso, desde a loxística á produción, o envasado e a comercialización, ademais da optimización de procesos.

 

Empresas
Investimento
previsto
Axuda concedida
PANADERIA TOÑITO

123.376,02 €

37.012,81 €

COFRICO

250.000,00 €

98.300,00 €

LAMBONE EN CASA

323.651,85 €

105.625,93 €

MANUFACTURAS IBERICAS

279.840,00 €

96.768,00 €

LUGAR DA VEIGA

42.836,52 €

17.950,96 €

VINIGALICIA

61.480,00 €

18.984,00 €

QUIVAL

48.950,00 €

23.135,00 €

 
TOTAL
1.130.134,39 €
397.776,70 €

Proxecto premiado presentado polo Consorcio Aeronáutico Galego

O proxecto Aero 4.0 abordará iniciativas de loxística 4.0 para a súa integración na cadea de subministración de tecnoloxías como automatización, big data, cloud computing e ciberseguridade.

 

Empresas
Investimento
previsto
Axuda concedida
DENSOPLAST

493.790,00 €

157.317,00 €

POREXGAL

701.928,25 €

189.519,13 €

TALLERES CAMPIÑOS

168.652,00 €

56.603,60 €

GAYPASA

79.164,13 €

22.374,33 €

ESYPRO MANUTENCIÓN

179.355,00 €

48.231,00 €

INDUSTRIAS TECNICAS DE GALICIA

20.500,00 €

9.350,00 €

MECANIZADOS ACEBRON

64.643,84 €

12.928,77 €

EUROPRECIS GALICIA

202.700,00 €

72.510,00 €

 
TOTAL
1.910.733,22 €
568.833,83 €

Proxecto premiado presentado pola Asociación do Clúster do Granito

O proxecto Stein Technologie está orientado ao deseño de novos produtos, desenvolvemento de novos sistemas de produción e xestión, ensaiando fórmulas no ámbito da extracción, transformación e colocación do granito, en particular, e da pedra natural en xeral. Búscase implementar melloras tecnolóxicas e innovadoras para facer fronte á competencia dos mercados exteriores.

 

Empresas
Investimento
previsto
Axuda concedida
GRUPO INGEMAR

371.466,00 €

82.548,00 €

GRANITOS DEL VERDUGO

14.956,24 €

6.087,22 €

DOLMEN GRANITOS Y MARMOLES

94.030,00 €

21.356,00 €

PCM, GRANITOS MOLDURADOS

62.766,00 €

25.583,00 €

LEMMAR GRANITE

469.530,00 €

147.815,00 €

 
TOTAL
1.012.748,24 €
283.389,22 €

Proxecto premiado presentado pola Asociación do Clúster da Madeira de Galicia

O obxectivo do proxecto PrIntLOTO 4.0 é mellorar a competitividade, a internacionalización e a innovación do sector mediante a implantación de tecnoloxías da fábrica 4.0, logrando especialización, mellora tecnolóxica, redución de riscos profesionais e optimización organizacional das pemes contribuíndo así a fortalecer a cadea de valor sectorial.
 

Empresas
Investimento
previsto
Axuda concedida
MADERAS BESTEIRO

103.000,00 €

20.600,00 €

GREENALIA FOREST

134.723,00 €

67.361,50 €

CARRONZA

50.000,00 €

25.000,00 €

CARPINTERIA AMOEDO

143.481,70 €

47.972,91 €

SEISTAG INNOVACION

187.500,00 €

93.750,00 €

ALIUSPORTA

67.850,45 €

33.215,14 €

MADERAS VILLAPOL

53.000,00 €

25.900,00 €

TORCULO COMUNICACION GRAFICA

250.597,00 €

62.390,00 €

 
TOTAL
990.152,15 €
376.189,55 €

Proxecto premiado presentado por Aclunaga

A través das iniciativas contidas no proxecto Piloto Aclushare 4.0, trátase de aumentar o grao de seguridade nas operacións, mellorando a productividade que reverterán nos sistemas actuais con tendencia cara ao sistema MES, con novos sistemas de xestión de fabricación onde a información chega aos operarios en tempo real.

 

 

Empresas
Investimento
previsto
Axuda concedida
GALVENTUS SERVICIOS EOLICOS
154.440,00 €
69.852,00 €
WILLBO ENGINEERING 2 BUILD
199.000,00 €
87.900,00 €
INDUSTRIAS FERRI
374.094,00 €
180.294,00 €
NEUWALME
192.820,84 €
71.393,35 €
HERRAMIENTAS DE GESTION AVANZADA
91.819,90 €
31.245,97 €
SERMARINE
65.919,00 €
19.775,70 €
 
TOTAL
1.078.093,74 €
460.461,02 €

Iniciativas individuais

A maiores destes seis proxectos, adxudicáronse axudas por valor de 602.650 euros a sete empresas (Heva Deter Hispánica; Industrial Recense; Envases de Galicia; J.J. Chicolino; Setga; Barton Maquinaria; e Itera Técnica) para o desenvolvemento de proxectos que prevén unha mobilización global de 1.816.905 euros.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada