Tag Archive for Agadic

Cinemas de Galicia percorre 7 vilas galegas con 11 películas galegas e europeas de recente realización

Cinemas de Galicia, o circuíto de exhibición cinematográfica impulsado pola Consellería de Cultura e Educación a través da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), inicia mañá o seu segundo ciclo de programación anual, que se desenvolverá ata decembro en sete concellos. Allariz, Bueu, Cangas, Cariño, Cedeira, Celanova e O Grove acollen esta nova carteleira, que ofrecerá 24 proxeccións de 11 películas galegas e europeas de recente realización.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Seis espectáculos na nova carteleira do Teatro Principal de Ourense

O escenario ourensán ofrecerá as últimas propostas das compañías galegas Arte´n´rúa, Caramuxo, Eme2 e Tanxarina Títeres a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios, así como as de Factoría Unahoramenos e de Ron Lalá

O director da Agadic, Jacobo Sutil, na presentación levada a cabo en Ourense xunto con Rosendo Luis Fernández, vicepresidente da Deputación Provincial, e Olga Mojón, directora do teatro.

O Teatro Principal de Ourense presentou hoxe a súa nova carteleira cuadrimestral, que inclúe ata finais de decembro as representacións de seis espectáculos escénicos como parte da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), impulsada pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada