Tag Archive for Axencia Galega de Turismo

Cultura e Turismo destinará case 30 millóns de euros en 2019 para comezar coa posta en marcha do Xacobeo

O conselleiro Román Rodríguez explica que, ademais da partida específica de 7,4 millóns, hai que engadir outros 12 para conservación, mantemento ou sinalización dos Camiños e os preto de 8,5 para a rehabilitación de bens de interese cultural.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, explicou que a Consellería de Cultura e Turismo destinará preto de 30 millóns de euros en 2019 para comezar coa posta en marcha do Xacobeo 21. Así o manifestou con motivo da súa comparecencia no Parlamento para explicar os orzamentos do vindeiro ano, nos que o departamento que dirixe contará con máis de 141 millóns de euros, o que supón un crecemento do 6,2% con respecto ao que sumaban os departamentos de Cultura e de Turismo no pasado exercicio. Ademais, esta contía xeral sitúa á Consellería como a segunda con maior aumento orzamentario da Xunta; a primeira se se teñen en conta unicamente os fondos propios.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada