Tag Archive for Axenda 20

A Xunta abre o prazo de solicitude de dous programas de axudas para impulsar nos concellos galegos a contratación de 1300 desempregados

O Diario Oficial de Galicia (DOG) acaba de publicar dúas convocatorias de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria para impulsar o emprego nos concellos galegos, dous programas nos que se investirán 9,2 millóns de euros, co que se prevé a contratación de 1300 persoas. As iniciativas, en concreto, están dirixidas á contratación de perceptores da Risga e de desempregados en xeral para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social. Nos dous casos, o prazo de solicitude rematará o próximo 11 de febreiro.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada