Tag Archive for Barcia de Mera

A RFG pecha este sábado o ‘X Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera’, en Covelo

A orquestra, dirixida polo seu mestre titular, Paul Daniel, interpretará obras de Mozart, Elgar, Bartók e Mendelssohn.

A Real Filharmonía de Galicia participa este sábado, 22 de setembro, no “X Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera”, no concello pontevedrés de Covelo. O concerto, que comezará ás 20.30 horas, celebrarase na igrexa barroca da parroquia de San Martiño e servirá para poñerlle o broche final a esta edición do ciclo de música clásica, que se iniciaba o pasado mes de abril co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A batuta levaraa o director titular e artístico da RFG, Paul Daniel.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada