Tag Archive for biotech

As empresas Nanoimmunotech e Phycosem Marine Agronomy, galardoadas cos VI premios Bioga

Nanoimmunotech foi escollida na categoría de empresa biotech máis competitiva e Phycosem Marine Agronomy, na de mellor idea empresarial biotech.

A Axencia Galega de Innovación (Gain) da Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) entregaron esta mañá na Coruña os Premios Bioga na súa sexta edición. Os galardoados nas dúas categorías son: Nanoimmunotech, empresa referente no sector da nanobiotecnoloxía con sede en Vigo, Zaragoza e Madrid, na categoría de Premio á empresa biotech máis competitiva; e Phycosem Marine Agronomy, spin-off da Universidade da Coruña con sede en Oleiros dedicada á produción e reprodución de macroalgas, como Premio á mellor idea empresarial biotech.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada