Tag Archive for Bird Fair

A oferta de turismo ornitolóxico de Galicia preséntase esta fin de semana en Bird Fair

A Xunta dá a coñecer nesta cita no Reino unido ‘Galicia Birding’, un completo programa de avistamento de aves que contempla 148 roteiros na Comunidade.

Turismo de Galicia participa esta fin de semana, e por terceira vez consecutiva, no certame especializado British Birdwatching Fair (Bird Fair), no Reino Unido, para dar a coñecer no mercado británico as rutas ornitolóxicas do programa Galicia Birding, así como os produtos relacionados con esta modalidade turística e o patrimonio natural da Comunidade en xeral, un territorio que pola súa situación xeográfica e a súa diversidade paisaxística é un destino moi propicio para esta práctica.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada