Tag Archive for Boqueixón

Un investimento de 388.000 euros valorizará o Pico Sacro a través do Premio Galicia Parabéns

O conselleiro de Cultura e Turismo destacou que este proxecto suma accións de loita contra o feísmo, protección da paisaxe, promoción das rutas xacobeas e coidado do patrimonio histórico e natural.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, e polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, visitou hoxe o Pico Sacro, onde están a piques de rematar as obras do proxecto para a posta en valor deste emblemático monte e da súa contorna. Estas actuacións contaron con achegas de 388.000 euros da Consellería de Cultura e Turismo, concedidas a través do Premio Galicia Parabéns 2017.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada